Home Pontevedra A Illa de San Simón acolle este sábado o ciclo de conferencias...

A Illa de San Simón acolle este sábado o ciclo de conferencias ‘A música alfonsina en Galicia’

- Anuncio -

A actividade busca homenaxear a Alfonso X O Sabio, autor das Cantigas de Santa María, no 800 aniversario do seu nacemento

A Illa de Simón acollerá, este sábado 2 de outubro, un ciclo de conferencias que se desenvolverá baixo o título ‘A música afonsina en Galicia’ e que xirarán arredor da música medieval na época de Afonso X, o rei autor das Cantigas de Santa María. Os relatores serán Carlos Villanueva, Francisco Luengo, Esperanza Mara e Luciano Pérez, que se encargarán de falar sobre distintos aspectos musicais do período medieval galego.

Con esta iniciativa –que se suma a outras que se realizarán por toda Galicia para homenaxear o monarca sabio ao cumprirse o 800 anos do seu nacemento– o Consello da Cultura Galega e o Concello de Redondela retoman o convenio de colaboración asinado no seu momento polo que ambas entidades comprometéranse a impulsar actividades culturais que se concretarían en conferencias e en exposicións, actividades que estiveron detidas debido ás restricións impostas pola pandemia da Covid.

Á inauguración do acto asistirán a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, e a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, como mostra do reimpulso que estas dúas institucións queren dar ao convenio asinado no seu momento. De feito no mesmo acto adiantaranse algunhas actividades previstas para o vindeiro ano que xirarán arredor da Memoria Histórica e dunha exposición no Multiúsos da Xunqueira.

A inscrición é totalmente gratuíta e pódese facer por medio da web do Consello da Cultura Galega e, para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela no enderezo de correo electrónico normalización@redondela.gal. As prazas son limitadas e respectaranse todas as medidas sanitarias.

Compre lembrar ás persoas que vaian asistir a este ciclo de conferencias, que a saída en barco dende Cesantes ás 11:30 h e o regreso contra ás 19 h.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas