Home A Coruña O Concello reabre as pistas de pádel tras a execución de varias...

O Concello reabre as pistas de pádel tras a execución de varias obras de mellora na instalación

- Anuncio -

· Os traballos consistiron na instalación de novas lonas, na apertura doutra porta lateral, no pintado do corredor e na colocación de redes.

O Concello de Carral reabriu, esta semana, as pistas de pádel municipais tras concluír as obras que se executaron nestas instalacións. Con estas intervencións, o goberno local reafirma a súa aposta pola mellora das infraestruturas deportivas do municipio.

O proxecto do Concello incluíu a realización dos seguintes traballos: colocación de novas redes de protección fronte as condicións climatolóxicas adversas, disposición dunha porta de acceso lateral para o corredor entre pistas -ata o de agora, os usuarios e usuarias tiñan que cruzar polo medio da propia pista para saír-, pintado do corredor cun material antiescorregadizo e colocación de novas redes.

Estas intervencións contaron cun orzamento próximo aos 20.000 euros e supuxeron unha considerable mellora das instalacións, moi empregadas ao longo de todo o ano.

Un compromiso co deporte

A maiores destas actuacións, o Concello levará a cabo outras iniciativas para mellorar as instalacións deportivas, como a ampliación do Centro Deportivo, a reforma interior do polideportivo do Vicente Otero e a rehabilitación da pista deportiva exterior de Tabeaio.

Relacionadas

Paderne rememora a “enorme transcendencia” de Francisco Vales Villamarín na inauguración da remodelación do...

0
 O alcalde, Sergio Platas, lembrou a enorme pegada do cronista e quixo agradecer a “insistencia” de Emilio Vila na instalación do monólito hai...

Neda pon en valor a calidade, variedade e sabor dos produtos das panaderías locais

0
O Concello destaca a importancia do sector no municipio como xerador de emprego O Concello de Neda impulsou este domingo dúas novas catas no marco...

Queres saber de que van falar os científicos e científicas que participan no primeiro...

0
Os días 13, 14 e 15 de maio enchemos de ciencia o bar do Mercado, o Bodegón e o Valle-Inclán coa colaboración de oito...

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Publicacións Relacionadas