Home A Coruña Fegateatro achegará a Brión catro actuacións de teatro afeccionado en outubro e...

Fegateatro achegará a Brión catro actuacións de teatro afeccionado en outubro e novembro

- Anuncio -

Todas as actuacións terán lugar no centro social polivalente, ás 20:30 horas, e de xeito gratuíto, previa reserva de praza

Fegateatro volve a Brión con “Lisístrata”, de Teatrino, que poderá ser desfrutada este venres 15 de outubro, ás 20:30 horas, no auditorio do centro social polivalente. Será a primeira das catro actuacións programadas para os meses de outubro e novembro froito dun acordo de colaboración asinado polo Concello de Brión e a Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea).

“Lisístrata” é un espectáculo da compañía Teatrino dirixido a todos os públicos. Durante uns 65 minutos, supón unha revisión da obra clásica na que as mulleres inician unha folga de abstinencia sexual para deter a guerra entre Atenas e Esparta. Teatrino porá en escena unha comedia chea de enredos e xogos de palabras que serve para denunciar a visión masculina dos roles femininos e apuntar a necesidade dunha militancia activa pola igualdade de xénero.

“Lisístrata” é a primeira das catro actuacións programadas para os dous próximos meses, todas elas en venres, ás 20:30 horas e no auditorio do centro social polivalente. A asistencia aos catro espectáculos será de balde, se ben o aforo é limitado e é preciso anotarse previamente enviando un mail a entradasbrion@gmail.com, indicando nome da persoa ou persoas asistentes, NIF e teléfono de contacto.

Completarán o ciclo FarandOleiras Cabaré, con “Olimpo´s” (venres 22 de outubro), Tiruleque con “A farsa do Maitre Pathelin” (venres 12 de novembro) e Tequerreté Teatro con “Confinados” (venres 19 de novembro).

Teatro profesional

Fegateatro desenvolverase paralelamente ao Brión Cultural, programa de teatro profesional que ten lugar os sábados de outubro e novembro. Para este sábado 16 de outubro, a compañía A Panadería porá en escena “Elisa e Marcela”, unha comedia musical recomendada para un público adulto que poderá desfrutarse ás 20:00 horas no polivalente. Inscricións en entradasbrion@gmail.com ata as 14:00 horas do 14 de outubro.

“Elisa e Marcela” é unha reconstrución irreverente dun suceso real: en 1901, dúas mulleres casan na igrexa de San Xurxo (A Coruña), unha delas vestida de home. Unha historia de amor a contratempo onde o verídico parece un invento.

Relacionadas

Paderne rememora a “enorme transcendencia” de Francisco Vales Villamarín na inauguración da remodelación do...

0
 O alcalde, Sergio Platas, lembrou a enorme pegada do cronista e quixo agradecer a “insistencia” de Emilio Vila na instalación do monólito hai...

Neda pon en valor a calidade, variedade e sabor dos produtos das panaderías locais

0
O Concello destaca a importancia do sector no municipio como xerador de emprego O Concello de Neda impulsou este domingo dúas novas catas no marco...

Queres saber de que van falar os científicos e científicas que participan no primeiro...

0
Os días 13, 14 e 15 de maio enchemos de ciencia o bar do Mercado, o Bodegón e o Valle-Inclán coa colaboración de oito...

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Publicacións Relacionadas