Home Pontevedra Ponte Caldelas O BNG denuncia o deterioro da atención sanitaria en Ponte Caldelas ao...

O BNG denuncia o deterioro da atención sanitaria en Ponte Caldelas ao non se cubrir as baixas

- Anuncio -

Convocada unha charla coloquio, o venres 15 ás 20 h. no colexio público Manuel Cordo Boullosa, coa participación da portavoz municipal, Sol Seoane e a deputada no Parlamento Galego, Montserrat Prado

No último ano en Ponte Caldelas xubiláronse dous dos tres facultativos que tiña o centro de saúde. En vez de substituilos, o SERGAS limítouse a enviar de cando en vez algún -que non sempre- médico substituto. Este grave feito vese acrecentado coa baixa da médica titular, que tampouco se cubre.

Esta situación derivou en que o pasado luns, día 11, non foron atendidas todas as citas para atención presencial no centro de saúde porque o SERGAS non enviou os médicos necesarios, un feito que a portavoz do BNG, Sol Seoane cualificou de “absoluta falta de respeto” aos veciños e veciñas que estaban convocados para ser atendidos. “Parece que nin o seu tempo nin a súa saúde lles importen demasiado aos responsábeis do SERGAS”, afirmou a portavoz nacionalista.

O dereito a saúde das persoas é, para o BNG, innegociábel e que para iso é clave ter unha sanidade pública forte, que conte con todo o apoio en recursos humanos, económicos e de infraestruturas. Os problemas da atención primaria en Ponte Caldelas son coñecidos e son graves, e á falta de reposición das xubilacións e a non cubrición das baixas, hai que engadir a redución do horario de atención de pediatría, algo que perxudica aos nosos nenos e nenas e ás súas familias.

Charla-coloquio o venres 15

Para abordar os problemas da atención primaria, o BNG organiza unha charla coloquio o vindeiro venres, día 15. ás 20 h. no colexio público Manuel Cordo Boullosa, que contará coa participación da portavoz municipal do BNG, Sol Seoane, e a deputada no Parlamento galego, responsábel dos temas sanitarios, Montserrat Prado.

Relacionadas

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

O concello presenta a primeira edición do concurso Balcóns Floridos

0
O certame premiará aos balcóns mellor decorados e contempla un premio específico para as parroquias  As inscricións estarán abertas ata o próximo 30 de maio O...

Montse Prado acusa ao PP de antepoñer os intereses da empresa de ambulancias da...

0
A deputada do BNG reclama a Sanidade que actúe para rematar coa incerteza na que se atopa o cadro de persoal, que sofre impagos...

Publicacións Relacionadas