Home A Coruña Frades e Vilasantar estrean melloras nos seus campos de fútbol grazas as...

Frades e Vilasantar estrean melloras nos seus campos de fútbol grazas as actuacións sufragadas pola Xunta

- Anuncio -

_A colaboración coas entidades locais permitiu a ampliación dos vestiarios co campo de fútbol de Frades (50.000 euros) e a mellora enerxética do campo de fútbol de Vilasantar (25.000 euros)

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou os concellos coruñeses de Frades e Vilasantar nos que a Xunta de Galicia vén de levar a cabo distintas actuacións para a mellora e acondicionamento dos seus campos de fútbol.

Na súa visita a Frades, o secretario xeral estivo acompañado polo alcalde Roberto Rey para supervisar a ampliación dos vestiarios realizada no campo de fútbol de Abellá e que contou cun orzamento de preto de 50.000 euros (48.398,90 euros), sendo achega da Xunta 35.000 euros e do Concello de Frades, os restantes 13.398,90 euros. En concreto, os traballos levados a cabo consistiron en demolicións previas; construción de fachadas e particións (novos muros de peche); carpinterías (novas portas de acceso); instalacións eléctrica, de augas; cubertas; revestimentos e equipamento coma os bancos. O mandatario galego destacou a importancia do deporte e nomeadamente do fútbol no Concello de Frades que conta con dous equipos como o San Estevo de Abellá e a S.D. Pontecarreira e fixo fincapé no feito de que o San Estevo conta con equipo feminino desde hai varias tempadas e que actualmente compite na 2ª división galega.

En Vilasantar e xunto ao rexidor local, Fernando Javier Pérez, o secretario xeral visitou o campo de fútbol onde se vén de realizar as tarefas de subministro e instalación luminaria para a mellora da eficiencia enerxética. A contía total desta actuación foi duns 25.000 euros (24.999,71 euros), dos que a Xunta achegou 20.000 euros e o goberno local os restantes 5.000 (4.999,71 euros). As actuacións levadas a cabo basearonse na instalación dun novo cadro xeral, a substitución das crucetas das columnas, a substitución de proxectores a outros con tecnoloxía led, así como a instalación de protector contra sobretensións. Lete Lasa destacou o traballo deportivo realizado por parte do concello e das súas escolas deportivas municipais que constrúen un amplo abano de posibilidades de exercicio físico tanto aos nenos e nenas de Vilasantar coma ao resto da poboación.

A Secretaría Xeral para o Deporte afianza así o seu compromiso coas infraestruturas deportivas. Dos 32.474.216 euros cos que conta en 2021 (un 28,5% máis que en 2020), 9,15 millóns serán destinados a obras de creación e reforma de infraestrutura deportiva, un 118% máis que en 2020 cando se destinou ao mesmo obxecto 4,2 millóns de euros.

Relacionadas

A Ribeiriña loce renovada fachada marítima

0
A valorización da fachada marítima da Ribeiriña e a recuperación dun espazo natural para desfrute da veciñanza. Con esta idea, o Ministerio para a...

A Xunta destina máis de 257.000€ á renovación da instalación da Protección de Incendios...

0
A plataforma Contratos públicos de Galicia publica hoxe a licitación da obra, coa previsión de que poida empezar en setembro cun prazo de execución...

A Xunta de Goberno aproba o proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
A Xunta de Goberno deu luz verde ao proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal Quiroga Palacios cun orzamento base de licitación de...

As participantes no programa “A Laracha Acolle” realizan un obradoiro de bo trato e autocoidados

0
As asistentes son mulleres de Marrocos, Paquistán, Ucraína e Colombia empadroadas no termo municipal da Laracha. No concello da Laracha estase a desenvolver desde hai...

O Concello pon en marcha un tratamento preventivo en 85 palmeiras da cidade co...

0
Este luns comeza a aplicarse acetamiprid nos exemplares existentes nos xardíns de Méndez Núñez, a rúa Santa Lucía, cemiterio de Santo Amaro, As Atochas...

Un milleiro de nenos e nenas participarán na XXIV edición do Correlingua

0
O concelleiro Gonzalo Castro destacou a importancia deste evento para “manter moi viva a lingua entre as próximas xeracións” O concelleiro da Área de Fomento...

Publicacións Relacionadas