10 mulleres participan en San Sadurniño nun curso intensivo de defensa persoal

adminON
Lectura mínima de 1

Este domingo tivemos na Casa da Cultura de San Sadurniño un obradoiro de autodefensa feminina para dotarnos de ferramentas que permitan saír con ben de calquera situación violenta.

Manter a calma e aplicar técnicas evasivas para poder fuxir e pedir axuda foron as principais recomendacións que deu o monitor da actividade, Juan José Martínez.

Porén, ante casos de maltrato é fundamental denunciar, con axuda e acompañamento da rede de apoio inmediata coa que conte a vítima, así como das profesionais de Servizos Sociais, Igualdade, dos servizos sanitarios ou das forzas de seguridade.

Cómpre recordar, ademais, que o teléfono gratuíto 016 atende con axuda especializada as 24 horas do día todos os días da semana. Este número, desde o que se activan os protocolos de atención inmediata, non deixa rastro na factura pero debe borrarse do histórico de chamadas do móbil ou fixo.

O obradoiro de autodefensa feminina contou cunha decena de participantes e chegou a San Sadurniño da man da Consellaría de Política Social e Igualdade e da FEGAMP.

Comparte este artigo