As bibliotecas municipais de Oleiros conmemoran o 8M cun feixe de actividades
Oleiros, 3 de marzo de 2026.- O mes de marzo é un fervedoiro de celebracións e actividades relacionadas coa conmemoración do Día da Muller (8M) e as bibliotecas municipais de Oleiros teñen preparada unha ampla programación ao respecto.
As bibliotecas municipais contan cunha ampla e diversa programación para conmemorar o Día da Muller, como a Hora do conto, dirixida a nenas e a nenos, que promoven a igualdade entre a muller e o home ou de temática feminista:
| Día | Biblioteca | Conto/actividade | A cargo de | Público |
| 4 | Sta. Cruz | A viaxe de Piruleta | Ariadna Ligero | De 2 a 4 anos |
| 5 | Lorbé | Lúa quera viaxar a Marte | A Xanela do Maxín | De 2 a 4 anos |
| 5 | Rialeda | Canta, Bugina, canta! | Marta Ortiz | De 2 a 4 anos |
| 6 | Mera | Dúas heroínas voando van | Raquel Crespo | + de 5 anos |
| 9 | Dorneda | Aitana e a avoa e outros contos violetas | Soraya Lema | + de 5 anos |
| 10 | Oleiros | Lúa quera viaxar a Marte | A Xanela do Maxín | + de 5 anos |
| 13 | Nós | Vamos ao recreo | Trémola teatro | + de 5 anos |
Ademais prográmanse tamén actividades dirixidas ao alumnado dos centros de ensino con temática feminista ou pola igualdade da muller e o home, como por exemplo, Directas ao espazo, a cargo de Trémola na Biblioteca “Rosalía de Castro” de Santa Cruz, o 6 de marzo para alumnado de infantil do colexio Isidro Parga Pondal de Santa Cruz.
Tamén se realizarán exposicións bibliográficas sobre a muller en todas as bibliotecas.

