Free Porn
xbporn
Home A Coruña A alcaldesa de Santiago recibe o presidente da Confederación de Empresarios de...

A alcaldesa de Santiago recibe o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)

- Anuncio -

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada da tenente da alcaldesa, María Rozas, e do concelleiro de Facenda, Manuel César, recibiu este martes o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Luis Vieites, no marco das relacións institucionais con todas as entidades da capital galega. Durante a xuntanza, ambas entidades amosaron a seu compromiso para avanzar conxuntamente en temas como o da implantación da taxa turística, a mellora da diversificación económica ou a aposta polo desenvolvemento industrial e empresarial da cidade.

Durante a reunión, a alcaldesa entregoulle ao presidente da CEG o informe coa proposta lexislativa para a creación dun imposto por estadía, ao que Luis Vieites se amosou favorable para “estar en igualdade de condición con outros lugares tanto da nivel nacional como internacional” . Este informe e proposta lexislativa foi remitida á Xunta a principios do mes de xullo e ten como finalidade contribuir ao mantemento de bos servizos para a veciñanza e para os visitantes. Goretti Sanmartín reiterou, neste sentido, a aposta do Goberno local por un turismo sustentable: turismo gastronómico, un turismo de Congresos e un turismo de carácter cultural.

A alcaldesa tamén tivo ocasión de trasladar o compromiso do goberno local coa “diversificación económica” do concello, un compromiso que pasa por “apostar pola recuperación industrial” e “lograr que poida haber máis solo empresarial” a través do diálogo con Xestur, que está a desenvolver o SUND-29, que linda co Orbital e ten 400.000 metros cadrados para ampliar a área do Polígono do Tambre, ao abeiro do recollido no artigo 31 da Lei 3/2022 de áreas empresariais de Galicia, por se tratar dunha implantación estratéxica. Ademais, a rexedora reiterou a súa vontade de “coñecer desde o punto de vista urbanístico cales son as necesidades das empresas que se van instalar”.

Dentro desta folla de diversificación económica, o Concello aposta da man de Mercagalicia por “facer de Santiago de Compostela un nodo loxístico de mercadorías” do noroeste, para o cal o Concello e a empresa pública están a traballar de “maneira intensa”, e poder continuar na senda de avanzar con “infraestruturas importantes para a cidade” como a recente inauguración do Orbital, o inicio das obras no Orbitaliño, ou a futura ampliación do Orbital cara ao norte ou a estación de mercadorías.

Durante a xuntanza tamén se trataron outros temas como a nececesidade de apoiar e impulsar o comercio, e en especial, “o comercio de proximidade que dá servizos básicos á xente que vive na cidade” para converter a Santiago “na capital das compras, para que a xente veñan visitarnos pero aproveite para mercar” e favorecer así “un turismo de calidade, sustentábel e respetuoso”. Tamén se abordaron outros asuntos como a mellora das conexión e frecuencias do transporte urbano para as persoas que traballan no Polígono do Tambre e a importancia de impulsar e axudar ao desenvolvemento do polo biosanitario da Sionlla para “poder seguir avanzando na posibilidade de crear emprego para os investigadores e investigadoras ” en colaboración coa Universidade de Santiago.

Relacionadas

COGAMI ofrece atención especializada ás mulleres con discapacidade

0
COGAMI dispón dun Servizo de Atención Especializada para Mulleres con Discapacidade co que busca abordar as diversas necesidades que presenta este grupo social, prestando especial...

Presentación das Festas de Santa Uxía 2024

0
Hoxe tivo lugar o acto de presentación das Festas da Patroa de Ribeira na que se personaron, o tenente de Alcalde, Vicente Mariño, o...

O Concello de Boqueixón inicia as obras de mellora dos accesos a Loureda, nos...

0
O Concello de Boqueixón vén de iniciar as obras de mellora dos accesos ao lugar de Loureda, nas que vai investir 68.906,12 euros. Uns...

O Servicio Municipal de Conciliación conta no verán con 124 usuarios

0
Durante o curso escolar volverá funcionar o servizo Madruga, ademais do de Canguraxe que se oferta durante todo o ano. O servizo municipal de conciliación...

A Xunta investiu máis de 2,6 millóns de euros na mellora da subministración de...

0
— As obras para incrementar a captación de auga do río Mandeo e optimizar a rede de abastecemento municipal benefician ás empresas da zona...

O PP de Culleredo solicita un pleno extraordinario para depurar responsabilidades pola irregular xestión...

0
∙ “É a nosa obrigación velar polo bo uso dos fondos públicos e polo cumprimento das leis, e está claro que este goberno cometeu...

Publicacións Relacionadas