O Concello de Neda impulsa este sábado, dentro da programación especial do Día do orgullo neofalante, destinado a galar novos falantes e espazos para o noso idioma, o contacontos infantil “Onde nace a lingua” con Marta Ortiz.
A biblioteca municipal acollerá, a partir das 12:30 horas, este iniciativa participativa, baseada nos recursos vivos que ofrece a tradición oral. Así, a actividade, con entrada libre, ofrece aos máis pequenos da casa a oportunidade de xogar coa lingua, aproveitando o acervo cultural galego dunha forma divertida.
Adiviñas, trabalinguas e contos rimados servirán para iniciar ou consolidar o uso da galego. Ademais, no espectáculo, froito da colaboración entre a narradora oral Marta Ortiz, e o filólogo Brais Gutiérrez, haberá “cancións de mans e contos con lingua de signos” e non faltarán tampouco toques de música.
O contacontos, recomendado para nenos e nenas de 3 anos en diante, chega á vila co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da liña de subvencións de dinamización lingüística.
A biblioteca municipal de Neda programa este sábado o contacontos “Onde nace a lingua”

