Home A Coruña A Coruña consolídase como motor do audiovisual en Galicia coa segunda edición...

A Coruña consolídase como motor do audiovisual en Galicia coa segunda edición do FIGA

- Anuncio -

O Foro da Industria Galega do Audiovisual terá lugar entre os días 7 e 9 de novembro na Cidade das TIC baixo o lema ‘A lingua e o audiovisual’

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, destacou o crecemento da creación en galego e o “alto nivel” das produtoras coruñesas

O Concello da Coruña acolleu esta mañá a prentación do II Foro da Industria Galega do Audiovisual (FIGA), que se celebrará entre os días 7 e 9 de novembro na Cidade das TIC da Coruña baixo o lema ‘A lingua e o audiovisual’. O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, interviu na presentación e sinalou o foro como mostra da consolidación da Coruña como motor do audiovisual en Galicia.

Nesta segunda edición, o foro servirá para analizar a diversidade lingüística no sector audiovisual, co obxectivo de valorar a situación actual e debater retos de futuro. Durante tres días, máis de 30 profesionais e persoas expertas tratarán os retos e oportunidades que implica a produción e exhibición de contidos audiovisuais en linguas minorizadas. Castro destacou o crecemento da creación en galego e o “alto nivel” das produtoras coruñesas “non só a nivel local senón nacional e internacional” e comprometeu o apoio do Concello ao sector. Así mesmo, reivindicou a necesidade de promocionar o galego no audiovisual: “falando de futuro, temos que facelo tamén do da nosa lingua, unha ferramenta e un tesouro común que estamos obrigados a defender desde calquera posición” sinalou.
Tamén interviron Álvaro Pérez Becerra, presidente da Academia Galega do Audiovisual; Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Cluster TIC de Galicia; Avia Veira, deputada provincial da Deputación da Coruña; María Soliña Barreiro, coordinadora de contidos de FIGA; e Saamira Ganay, integrante da Xunta directiva da Academia.

O programa articúlase en tres xornadas temáticas: a do xoves 7 de novembro leva por título “Na procura da nova televisión: públicos mozos, accesibilidade e referentes renovados” e centrarase no desafío de captar ás audiencias máis novas, mantendo a diversidade lingüística como valor diferencial. A do venres 8 está titulada “Unha esfera cultural propia: producir en linguas minorizadas ou minoritarias” e, nela, analizarase o impacto de crear contidos en linguas non hexemónicas.

Para rematar, as conferencias da xornada de clausura, o sábado 9, “Cara un circuíto estable e unha normalización na lingua do audiovisual”. A xornada de clausura explorará as posibilidades de avanzar cara a un sistema audiovisual galego sólido que permita a normalización efectiva do uso da lingua galega.
O Foro da Industria Galega do Audiovisual – FIGA é unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual realizada grazas ao apoio do Concello da Coruña e a área de cultura da Deputación da Coruña, que conta nesta edición coa colaboración da Cidade das TIC e o Grupo de Estudos Audiovisuais da USC.

Relacionadas

Xabier Lama López gaña o premio dos XXXII Xogos Florais de María Pita

0
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, foi o encargado de entregarlle o seu segundo galardón ao xornalista O xornalista Xabier Lama López proclamouse...

Cineuropa 38, olladas á liberdade dende a pantalla de cinema

0
Do 7 ao 24 de novembro, Cineuropa programa máis de 130 filmes alén de concertos, debates, encontros con cineastas e actividades formativas nunha edición...

Inés Rey lembra o legado do coruñés Miguel López, ‘El Hematocrítico’, “que achegaba sentido,...

0
A alcaldesa presentou hoxe a mostra ‘Hematocrítico Ilustrado’, que lle rende homenaxe ao mestre e divulgador herculino, falecido hai case un ano e coñecido...

O concello, presente nun programa europeo sobre a promoción do turismo sustentable

0
A Laracha está representada nas figuras do alcalde, José Manuel López Varela, e da concelleira Rocío López. O alcalde, José Manuel López Varela, e a...

O Ágora acolle desde mañá o Laboratorio Bibliotecario ‘Pensar as comitecas’

0
O Ministerio de Cultura elixe A Coruña para desenvolver este evento en colaboración coa Rede de Bibliotecas Municipais polo seu labor a prol do...

A Xunta de Goberno Local aproba a licenza para as obras de rehabilitación do...

0
O goberno local tamén deu o visto bo a catro permisos para outros tantos proxectos empresariaisA Xunta de Goberno Local vén de aprobar a...

Publicacións Relacionadas