HomeA CoruñaA Pobra despedirá o Nazareno co espectáculo de drons máis grande feito...

A Pobra despedirá o Nazareno co espectáculo de drons máis grande feito en Galicia

- Anuncio -spot_img

· Será ás 00.15 horas do martes, 23 de setembro, e funcionará como broche a catro xornadas festivas.

Un espectáculo de gran formato con drons, música e fogos artificiais. Esa será a proposta coa que A Pobra do Caramiñal despedirá as súas grandes festas do Nazareno. Esta é a segunda vez que este show da empresa Flock Drone Art aterrará no municipio. A primeira foi o ano pasado, tamén no Nazareno, pero cunha menor dimensión. Nesta ocasión, serán 300 os drons que iluminarán o ceo da Pobra a partir das 00.15 horas do martes, 23 de setembro. Trátase, como confirman desde a propia compañía, da función máis grande feita ata o momento en Galicia.

A concelleira de Cultura, Patricia Lojo, explica que tanto o Concello como a Comisión de Festas redobraron “os esforzos nesta edición para que as do Nazareno continúen sendo unha das insignias do noso municipio”. Neste sentido, anima a toda a cidadanía a participar e gozar da exhibición de drons, “que será o broche perfecto ás catro xornadas do Nazareno, Festa de Interese Turístico en Galicia.

O mellor lugar para ver a demostración será o pantalán (fronte ao Chicolino).

Música para despedir ao Nazareno

O Odyssey x 300 porá fin ao último día do Nazareno. Con todo, esta non será, nin moito menos, a única actividade. Ao longo do día, haberá pasacalles a cargo da Banda de Música de Moimenta, da Banda de Gaitas Os Chaneiros e da Banda de Gaitas Xiada e O Pote (10.30 horas).

Os máis pequenos e pequenas poderán gozar tamén dunha festa infantil (12.00 horas) e doutra holi, na que A Covecha se encherá de cor (16.30 horas). A música continuará a partir das 19.00 horas cun concerto da Banda de Música de Moimenta e, a partir das 21.00 horas, coa orquestra Combo Dominicano.

Publicacións Relacionadas