Home A Coruña A Policía Nacional leva tramitados máis de 100.000 DNI e pasaportes dende...

A Policía Nacional leva tramitados máis de 100.000 DNI e pasaportes dende a apertura da oficina de Carballo

- Anuncio -

No 2024 descendeu lixeiramente o número de carnés de identidade e aumentou o de pasaportes

A Unidade de Estranxeiría e Documentación da Policía Nacional en Carballo, que ten a súa sede na planta baixa da Casa do Concello, leva tramitados máis de 100.000 documentos dende a súa apertura ao público, o 20 de marzo do 2017. A media anual supera os 15.000, unha cifra que volveu acadarse no 2024.
Segundo os datos facilitados polo propio servizo, entre xaneiro e decembro do ano pasado foron tramitados 12.251 DNI e 3.360 pasaportes. O número de carnés de identidade descende lixeiramente con respecto aos dous anos anteriores, pero o de pasaportes continúa á alza, unha tendencia que se mantén desde o remate da pandemia, e que no 2024 acadou o seu número récord.
Aínda que a actividade da oficina se mantén ao longo de todo o ano, xaneiro, outubro, agosto e setembro foron os meses do 2024 con maior cantidade de expedicións.
Máis do 30% das persoas que utilizan o servizo residen no noso concello, e máis do 60% proceden dos municipios da nosa contorna. A de Carballo é a oficina de referencia para toda a Costa da Morte, pero tamén se achegan ata ela veciños e veciñas doutros puntos da provincia e numerosos residentes no estranxeiro, fundamentalmente emigrantes da zona noutros países que aproveitan as súas vacacións en Carballo e na comarca para renovar os seus documentos de identidade.
Se precisas utilizar o servizo lembra que é preciso pedir cita previa: ben presencialmente, ben de maneira telemática dende a páxina web www.citapreviadnie.esou ben chamando ao teléfono 060.

O horario de atención ao público da unidade de Carballo é de 09.00 a 14.15, de luns a venres. Dende o servizo lembran que para a expedición e/ou renovación da documentación é preciso achegar unha fotografía actual, e as persoas que necesiten actualizar o seu enderezo tamén deben presentar un xustificante de empadroamento.

Relacionadas

Incendio nunha vivenda da rúa Costa Grande, no Milladoiro, pertencente ao concello de Ames

0
Os bombeiros dos parques Provinciais de Boiro de Ribeira participan desde preto das 16:00 horas desta tarde nun operativo dirixido á extinción dun lume...

Os alcaldes de Carballo e Coristanco participaron nun encontro co alumnado das accións formativas...

0
Os alcaldes de Carballo e Coristanco, Evencio Ferrero e Juan García, participaron hoxe nun encontro co alumnado das tres accións formativas para persoas desempregadas...

O Concello de San Sadurniño entrega as cestas da campaña “Polo Nadal, consumo local”

0
O salón de plenos do Concello foi o lugar elixido este ano para entregar os premios da campaña de dinamización do comercio "Polo Nadal,...

Concello oferta dous novos obradoiros de poda e enxerto de árbores froiteiras

0
A inscrición abrirase mañá, é gratuíta e debe formalizarse no Concello ou por teléfono.O Concello oferta dous novos obradoiros de poda e enxerto de...

A biblioteca municipal de Neda reabre ao público renovada este mércores

0
Neda reabre este mércores a súa biblioteca municipal. O centro recupera a actividade, tras dous meses pechado ao público por mor da posta a...

O Concello súmase á celebración do 75º cabodano de Castelao e prepara múltiples actividades...

0
Hoxe, 7 de xaneiro, fanse os 75 anos da morte de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao no seu exilio de Bos Aires. Médico, pintor, debuxante,...

Publicacións Relacionadas