HomeA CoruñaA ponte sobre a vía do tren en Bolo permanecerá pechado ao...

A ponte sobre a vía do tren en Bolo permanecerá pechado ao tráfico os próximos meses

- Anuncio -spot_img

● A infraestrutura sufriu danos importantes ao ter un accidente un vehículo pesado, que abandonou o lugar sen deixar os seus datos, cargando ao Concello co custo da reparación.

● O custo da reparación será de entre 50.000 e 80.000 euros.

● O goberno local informa de que queda terminantemente prohibido cruzar a ponte con calquera tipo de vehículo.

A ponte sobre a vía do tren en Bolo permanecerá pechado ao tráfico os próximos meses. Esta situación débese a que o pasado 1 de marzo un vehículo pesado -todo apunta a que se trataba dun camión cargado- atravesou esta ponte, facendo caer algunhas pedras do peitoril sobre a vía do tren.

Este accidente provocou que a ponte queda inutilizado para vehículos de calquera tipo, permitindo o paso unicamente aos peóns. Isto débese a que o paso de vehículos pon en risco a integridade da ponte, podendo causarlle aínda máis danos e poñendo en risco os trens que circulan pola vía.

A súa reparación completa obriga a cumprir os parámetros que esixe o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) para manter a seguridade para a circulación ferroviaria. A actuación terá un custo de entre 50.000 e 80.000 euros, requirindo un proxecto redactado por técnicos competentes na materia.

O goberno local de Miño condena a actitude do condutor que causou os danos nesta infraestrutura, pois abandonou o lugar sen deixar os seus datos. Isto provoca que os custos da obra van recaer no Concello, é dicir, en todas e todos os miñenses.

Hai uns días, unha persoa non identificada moveu as pedras que impedían o paso de vehículos pola ponte, poñéndose a el ou ela mesmo en perigo, ademais de poder provocar novos derrubes sobre a vía férrea.
Desde o Concello de Miño queremos informar que queda totalmente prohibido mover os obstáculos que impiden pasar pola ponte, así como o paso con calquera tipo de vehículo.
Ademais, advertimos que a reparación e recuperación do uso da ponte demorarase polo menos uns meses. Isto débese á complexidade da obra, ao requisito indispensable de ter un proxecto específico, á necesidade da aprobación de ADIF e á dificultade de buscar financiamento.

Por último, rógase compresión ás persoas afectadas, á vez que se fai un chamamento a todos os veciños e veciñas que, no caso de ver un uso indebido das vías públicas por parte dos condutores, notifíquese ao Concello para evitar que situacións como esta volvan ocorrer no futuro.

Publicacións Relacionadas