Free Porn
xbporn
Home A Coruña A proposta de sanción á empresa concesionaria da xestión do lixo será...

A proposta de sanción á empresa concesionaria da xestión do lixo será o tema central do pleno ordinario de xullo

- Anuncio -

A corporación tamén aprobará os festivos locais para o 2025, a actualización das taxas pola utilización de instalacións deportivas e o POS+Adicional


O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deportes e Participación Veciñal, Daniel Pérez, deron conta hoxe dos asuntos que abordará a corporación municipal no pleno ordinario do luns 29 de xullo. Como xa é coñecido, o tema central será a imposición de sancións á empresa concesionaria do servizo de recollida e xestión do lixo polo incumprimento do contrato. “O Concello de Carballo ten un contrato cunha empresa que obriga ás dúas partes. A nós, ao pago do servizo, e así o facemos puntualmente, e á empresa, a recoller o lixo, e é evidente que non o está facendo”, dixo o alcalde.

Evencio Ferrero explicou que o goberno municipal leva celebradas tres reunións cos representantes dos traballadores, ademais de manter diversos contactos coa empresa, e que, malia o alonxadas que están as posturas dunha e doutra parte, agarda “que haxa vontade de acordo antes do 11 de agosto, para o que está convocada unha nova folga. Pero é un acordo entre dúas partes, empresa e traballadores. O Concello ten que xogar as súas bazas, e unha delas é a proposta que levamos ao pleno”, explicou.

O resto dos asuntos incluídos na orde do día son os seguintes:
• Aprobación do convenio polo que se establecen as bases de cooperación entre a Deputación Provincial da Coruña e os concellos de A Laracha, Cabana de Bergantiños, Carballo, Cee, Coristanco, Dumbría, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Ponteceso, Vimianzo e Zas para regular o proxecto do Parque Arqueolóxico do Megalistismo na Costa da Morte. O obxectivo é renovar o acordo para dar cabida a dous novos concellos: Coristanco e Cee.

• Determinación dos festivos locais para o ano 2025. Serán os días 24 e 25 de xuño, martes e mércores.

• Modificación puntual número 10 do PXOM. Cambio de cualificación urbanística dos equipamentos denominados pista deportiva e EEI de Gontade. Aprobación inicial. Evencio Ferrero explicou que no seu momento realizouse a desafectación da antiga escola unitaria de Gontade, na parroquia de Ardaña, coa finalidade de cedela á cooperativa de familias Lenda Educativa para o seu uso como centro de educación especial, co compromiso das propias familias e da Consellería de Educación. Para poder darlle ese novo uso é imprescindible acometer o trámite urbanístico que se iniciará no pleno do luns.

• Modificación da ordenanza fiscal número 22: taxas pola utilización das instalacións deportivas municipais e prestación de servizos deportivos. Neste caso trátase, como explicou Daniel Pérez, de actualizar a ordenanza por primeira vez en dez anos, por unha banda, para reducir o déficit da prestación de servizos deportivos, que acada os 381.288,49 euros, e, pola outra, para fomentar a práctica do deporte, como pilar dunha vida máis saudable, entre todos os membros da familia. Así, por exemplo, o abono familiar pasa de 21,74 a 26 euros e o individual, de 16,31 a 19, pero tamén hai casos nos que baixan as taxas, como nas familias numerosas, tanto polo uso da piscina coma no uso combinado de piscina e sala fitness. A matrícula mantense nos 20 euros e as entradas soltas para as piscinas pasan, por exemplo, de 3,5 a 4 euros para adultos, de 2 a 2,5 para menores de 18 anos e de 2,5 a 3 para maiores de 60. “Aínda así, seguimos tendo as tarifas das máis baixas de Galicia, e mesmo de concellos moito máis pequenos que o noso”, comentou o alcalde. Esta actualización permitirá reducir o déficit nuns 100.000 euros.

• Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal POS+Adicional 2/2024 2ª fase. Ao Concello de Carballo correspóndenlle 1.078.485,50 euros, dos cales 278.749,18 irán destinados a gasto corrente de tipo social. A cantidade restante repartirase entre dous proxectos de obras, aprobadas xa por decreto, do que se dará conta tamén no pleno: a pavimentación do núcleo rural de Imende (Noicela), cun orzamento de 434.808,04 euros, e melloras na rede de saneamento de varias parroquias, por 364.928,28 euros.

Relacionadas

COGAMI ofrece atención especializada ás mulleres con discapacidade

0
COGAMI dispón dun Servizo de Atención Especializada para Mulleres con Discapacidade co que busca abordar as diversas necesidades que presenta este grupo social, prestando especial...

Presentación das Festas de Santa Uxía 2024

0
Hoxe tivo lugar o acto de presentación das Festas da Patroa de Ribeira na que se personaron, o tenente de Alcalde, Vicente Mariño, o...

O Concello de Boqueixón inicia as obras de mellora dos accesos a Loureda, nos...

0
O Concello de Boqueixón vén de iniciar as obras de mellora dos accesos ao lugar de Loureda, nas que vai investir 68.906,12 euros. Uns...

O Servicio Municipal de Conciliación conta no verán con 124 usuarios

0
Durante o curso escolar volverá funcionar o servizo Madruga, ademais do de Canguraxe que se oferta durante todo o ano. O servizo municipal de conciliación...

A Xunta investiu máis de 2,6 millóns de euros na mellora da subministración de...

0
— As obras para incrementar a captación de auga do río Mandeo e optimizar a rede de abastecemento municipal benefician ás empresas da zona...

O PP de Culleredo solicita un pleno extraordinario para depurar responsabilidades pola irregular xestión...

0
∙ “É a nosa obrigación velar polo bo uso dos fondos públicos e polo cumprimento das leis, e está claro que este goberno cometeu...

Publicacións Relacionadas