As actuacións de reurbanización realizadas na Rúa Alcalde Domingo Sierra realizada polo Concello non se axusta ao proxecto aprobado e presentan deficiencias técnicas.
Cun orzamento de 532.241euros o proxecto contemplaba a nova pavimentación de calzada e beirarrúas, a instalación de losetas reforzadas nos accesos aos garaxes no tramo comprendido entre a glorieta do Olivo ata a rúa Condes de Andrade, así como mobiliario urbano, plantación de arborado, renovación da sinalización e a rehabilitación do firme do aparcadoiro de terra que permitiría a reordenación das prazas.
Porén, a execución final dista do previsto. A zona de aparcadoiro continúa no mesmo estado, sen intervención no firme, a sinalización instalada presenta signos evidentes de reutilización, xa se poden observar deterioros no firme das beirarrúas e afectadas polo asfaltado da estrada.
Alternativa considera que os acabados non son acordes co investimento realizado nin dan resposta ás necesidades da veciñanza. Por este motivo, trasladará as deficiencias detectadas ao goberno municipal e solicitará coñecer se o proxecto esta recibido por parte do Concello de Culleredo.



