Home A Coruña Cariño potenciará os seus recursos portuarios co proxecto de case 800.000 euros...

Cariño potenciará os seus recursos portuarios co proxecto de case 800.000 euros que a Xunta investirá neste 2024

- Anuncio -

• O conselleiro do Mar en funcións, Alfonso Villares, visitou esta tarde o municipio para anunciar o plan de dragaxe, que xa está en fase de licitación

• “Estes traballos supoñerán un enorme impulso para o noso porto, que mellorará en operatividade polo aumento de calado e, ademais, contará cunha contorna máis accesible”, apunta a alcaldesa cariñesa, Ana María López

Cariño potenciará os seus recursos portuarios cun proxecto de investimento de case 800.000 euros. Así o confirmou esta tarde o conselleiro do Mar en funcións, Alfonso Villares, durante a súa visita á localidade.

A alcaldesa de Cariño, Ana María López, exerceu de anfitrioa con Villares e o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez. No devandito encontro, o conselleiro recalcou o firme compromiso da Xunta de Galicia de investir preto de 800.00 euros en varios proxectos dentro da instalación do porto de Cariño.

O máis importante será a dragaxe, que contará cun orzamento de 677.000 euros e xa está en fase de licitación. Segundo indicou Villares, os traballos consistirán na extracción de máis de 20.000 metros cúbicos de area de dúas zonas do porto: a rampla de varada e a zona dos peiraos de atracada comercial interiores.

A maiores, están previstas dúas actuacións máis para este ano. Unha delas consistirá na renovación do firme da glorieta de acceso ao porto e de zonas concretas do seu interior. A outra, a instalación de 49 novas luminarias que funcionarán con tecnoloxía LED de maneira automática e substituirán ás vellas.
“Estes traballos supoñerán un enorme impulso para o noso porto, que mellorará en operatividade polo aumento de calado e, ademais, contará cunha contorna máis accesible”, apuntou a alcaldesa cariñesa, Ana María López.

A rexedora quixo agradecer a “ambiciosa” aposta da Xunta de Galicia por Cariño e recalcou a enorme importancia que ten “o continuo intercambio de diálogo para atraer investimento doutras administracións ao municipio”. Neste sentido, quixo lembrar que as arcas municipais acaban de aforrarse unha cantidade próxima aos 100.000 euros na renovación da ETAP de Ou Castro grazas ao convenio asinado polo seu equipo de goberno con Augas de Galicia.

Relacionadas

Tres citas en San Sadurniño con motivo das Letras Galegas

0
A poeta Yolanda Castaño participará o mércores nun encontro literario arredor da figura de Luísa Villalta, protagonista do 17 de Maio Poeta, narradora, dramaturga, ensaísta,...

O Concello da Pobra emite informe desfavorable á declaración de interese autonómico para o...

0
A solicitude de declaración de interese autonómica para o proxecto de ampliación de Escurís S.L. formulada pola corporación Jealsa tradúcese nun informe desfavorable por...

O alcalde e a deputada provincial de infraestructuras viarias analizan na Laracha as actuacións...

0
O rexedor trasladoulle a plena disposición de colaborar entre administracións para beneficio xeral da cidadanía. A deputada provincial responsable das áreas de Infraestruturas Viarias e...

O concello festexará as Letras Galegas con unha ampla programación municipal

0
Tamén haberá espectáculos infantís e protagonismo para as clausuras de cursos do programa cultural municipal. O Concello presenta a programación municipal que se vai realizar...

O venres ábrese a inscrición para participar en “Xogade coas motos” O 25 de...

0
A actividade é organizada por VFM Motoclub co apoio do Concello, a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Motociclismo. Este venres...

O concerto “Los 40 Santiago Pop” e a orquestra Panorama abren as Festas da...

0
As festas compostelás por excelencia arrancarán mañá co concerto de "Los 40 Santiago Pop" que reunirá na praza da Quintana a partir das 21:00...

Publicacións Relacionadas