Free Porn
xbporn
Home A Coruña A Xunta concede dúas axudas que suman 100.000 euros ao concello de...

A Xunta concede dúas axudas que suman 100.000 euros ao concello de Boimorto para a mellora da accesibilidade e a adquisición dun vehículo

- Anuncio -

Suprimiranse as barreiras arquitectónicas na rúa Vilanova e comprarase un vehículo para os servizos sociais municipais

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou esta mañá o concello de Boimorto para dar conta das axudas para a supresión de barreiras arquitectónicas e a adquisición de vehículos das que se beneficiará este municipio. En concreto, a Xunta concedeu dúas achegas económicas por un total de 100.000 euros a este municipio coruñés para acometer estas actuacións.

Fabiola García, que foi recibida pola alcaldesa, María Jesús Novo, explicou que con estas novas liñas de axudas, o concello de Boimorto acometerá a mellora da accesibilidade da rúa Vilanova, cun investimento de 48.400 euros. A segunda das axudas empregarase na compra dun vehículo para mellorar o funcionamento dos seus servizos e centros sociais.

O Goberno galego destina un total de 3 millóns de euros a estas dúas ordes de axuda —2 millóns para a mellora da accesibilidade de espazos, equipamentos ou edificios públicos e 1 millón para a adquisición de vehículos—. Están dirixidas a concellos cun censo máximo de 10.000 habitantes e aqueles que resultaron beneficiarios teñen de prazo ata o mes de marzo para xustificalas, no caso das de accesibilidade, e ata maio no caso das subvencións para a compra de vehículos.

Relacionadas

A Xunta pon en marcha o centro que coordinará as políticas de emprendemento e...

0
― O novo Centro de Orientación, Emprendemento e Innovación para o Emprego canalizará todas as actividades relacionadas co emprendemento na Comunidade, aplicando ademais un...

O PP de Cabanas renuncia a 148.000 € dunha subvención conseguida polo BNG no...

0
A subvención, equivalente ao 5% do orzamento municipal, buscaba mellorar a conectividade e apoiar o comercio e hostalería locais, seguindo a liña de traballo...

O espectáculo ‘Somos criminais e punto final’ pechará o ano do Teatro Colón con...

0
Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco volverán á cidade co seu recoñecible humor os días 28, 29 e 30 de decembro O espectáculo ‘Somos criminais...

O Concello de Fene asina convenios de colaboración por 23.800 € con diversas entidades...

0
As entidades beneficiarias son o CRD Agarimo, a Confraría Santiago Apóstol de Barallobre, a Asociación Perla Mural Fest e a Asociación de Comercio, Hostalería...

Máis de 60 mozos e mozas de Paderne reciben desde este outubro clases de...

0
Impártense a estudantes de 3 a 16 anos nas dependencias da Casa Consistorial habilitadas, coa novidade das Técnicas de Estudo Sergio Platas: “Como institución máis...

Incendiados catro colectores en diversos puntos Da AC-550, no concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira foron alertados onte de diversos incendios en colectores da localidade.O primeiro aviso tivo lugar pasadas as 21:30...

Publicacións Relacionadas