Home A Coruña Abano Producións ultima na Coruña co apoio da Xunta a longa de animación‘Decorado’co...

Abano Producións ultima na Coruña co apoio da Xunta a longa de animación‘Decorado’co premiado Alberto Vázquez

- Anuncio -

— A película conta cunha subvención de 260.000 euros a través da convocatoria para a produción de proxectos audiovisuais galegos de 2023 da Consellería de Cultura

— Parte da aclamada curta homónima, coa que o cineasta e ilustrador coruñés acadou en 2017 un dos seus catro premios Goya

A agardada terceira nova longametraxe de animación do cineasta e ilustrador coruñés Alberto Vázquez encara a recta final dos traballos de produción cara á súa estrea neste ano 2025. A compañía galega Abano Producións volve compartir camiño coa vasca UniKo nun novo traballo deste premiado director, para o que conta cunha subvención de 260.000 euros da Xunta na convocatoria de 2023 para produción e coprodución de proxectos audiovisuais.

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Jacobo Sutil, visitou hoxe na Coruña o equipo galego que durante o último ano vén traballando nesta produción, que se desenvolve tamén en Estremadura e País Vasco. En total, a realización desta película mobiliza máis de 100 profesionais, dos que unha trintena se atopan na nosa Comunidade.

Sutil felicitounos polo avance da produción, sobre a que tivo a oportunidade de intercambiar impresións co propio director e con Chelo Loureiro, de Abano, e Iván Miñambres, de UniKo, produtores executivos da fita. Desta volta, uníronse á produtora estremeña Glow e á portuguesa Sardinhas en Lata para a coprodución dun proxecto que parte da aclamada curtametraxe homónima, premio Goya á mellor curta en 2017, e para o que contan ademais coa distribuidora francesa Le Pacte.

Entre outros recoñecementos, Alberto Vázquez conta tamén cos Goya á mellor longametraxe de animación polas súas dúas anteriores películas, Unicorn Wars (2022) e Psiconautas, los niños olvidados (2017), así como á mellor curta de 2012 por Birdboy, obras todas elas que consolidan a traxectoria do creador coruñés como un dos grandes nomes da animación española e internacional.
Realizada en versión orixinal galega, a fita é unha fábula existencialista sobre o sentido da vida e as crises que a atravesan, recuperando e ampliando o universo da curta para desenvolver unha historia que mestura comedia, drama, fantasía e crítica social.

Relacionadas

A Xunta enxalza os traballos creativos realizados polas usuarias do Centro Ocupacional Exclavas de...

0
O Executivo galego financia con máis de 1,6 millóns de euros un total de 79 prazas de atención residencial e diúrna neste centro A directora...

A Xunta colaborará co Colexio de Biólogos de Galicia para formar ao colectivo sobre...

0
En concreto, a intención é que ambos organismos cooperen na promoción de actividades divulgativas dirixidas a distintos colectivos e dun curso só para colexiados A...

A Xunta aborda na comisión de seguimento do convenio co Goberno Central sobre a...

0
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou xunto ca subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, no encontro no que se abordou o...

A Xunta investirá 1 m€ para rematar antes de 2027 os Plans de Xestión...

0
Salienta a rigorosidade coa que traballa o Goberno galego para protexer Galicia e sinala que a normativa de aplicación para a protección desta Rede,...

A Xunta aproba unha nova planificación para liderar a acción climática en España, con...

0
— Ángeles Vázquez explica que o PRIEC guiará dunha forma transversal as políticas galegas no eido da mitigación, a adaptación, a investigación e a...

O Concello adxudica a pavimentación dos Muiños en Oleiros. Ribeira, 29 de xaneiro de...

0
O Concello de Ribeira informa da recente adxudicación dunha actuación para garantir o bo mantemento das infraestruturas nas parroquias. O camiño do lugar dos Muiños...

Publicacións Relacionadas