Home A Coruña Aberto ata o 7 de xuño o prazo para presentar candidatura ao...

Aberto ata o 7 de xuño o prazo para presentar candidatura ao posto de técnico/a de xestión xurídica

- Anuncio -

O Concello de Neda abre durante 10 días hábiles o prazo para presentar solicitudes para optar á praza de técnico/a de xestión xurídica.

Trátase dun posto de funcionario interino, por programa, que se cubrirá mediante o sistema de concurso oposición, e que vén reforzar o cadro de persoal municipal.

Tras detectarse un erro material nun dos anexos e publicarse no BOP da Coruña a corrección das bases que rexerán o proceso selectivo, ábrese ata o 7 de xuño un novo período, acumulativo co anterior, para que as persoas con grao ou licenciatura en Dereito interesadas en facerse co posto presenten a súa candidatura.

Entre as funcións correspondentes á praza figuran, por exemplo, a asistencia letrada en todo tipo de procesos xudiciais que afecten ao Concello; a redacción de informes xurídicos e propostas de resolución ou a asistencia ante outras administracións públicas, baixo a dirección da Secretaría. Entrarán tamén nas súas competencias os expedientes urbanísticos, medio ambiente, actividade e responsabilidade patrimonial; a redacción de ordenanzas ou prestar apoio á Secretaría Municipal.

Para optar ao posto requírese estar en disposición da titulación sinalada (grao ou licenciatura en Dereito) “ou titulación universitaria de grao equivalente e, de ser o caso, a titulación e requisitos complementarios que lle habiliten para intervir en procesos xudiciais de calquera xurisdición”, estar en posesión do CELGA 4 (en caso contrario haberá que superar unha proba de galego), non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera administración e non estar incluído en causas de incompatibilidade.

Na fase de concurso poderán obterse ata un máximo de 3 puntos pola experiencia previa acumulada e 1 pola formación complementaria relacionada co posto, en tanto que a de oposición sumará 6 puntos.

Relacionadas

Telefónica deixa incomunicadas a decenas de vivendas en Nós

0
Atendendo ás demandas veciñais, o Concello volveu reclamar á empresa Telefónica a instalación do servizo de fibra na rúa da Veiga e en parte...

O pan e o colectivo das panadeiras, protagonistas dun novo mural de Carral

0
· A artista Cecilia Salinas está traballando, esta semana, no muro, sito a escasos metros do Campo da Feira. A Festa do Pan de Carral...

O ‘Bergondo en feminino’ celebra o seu quinto aniversario con tres novas roteiros e...

0
· Esta inicitiva busca rescatar a historia de bergondesas pioneiras, e en moitos casos esquecidas, que batallaron para abrir o camiño para gozar da...

Gonzalo Castro reivindica a defensa da democracia e dos dereitos humanos no Día de...

0
O concelleiro de Fomento e Promoción da Cidade visitou xunto ao delegado e á subdelegada do Goberno a Casa Museo Casares Quiroga O concelleiro da...

En marcha: Programa de ocio alternativo para a mocidade do Concello de Ribeira

0
O concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, e a concelleira de Xuventude, Antía Alberte, presentaron hoxe o programa de ocio alternativo para a mocidade de...

O Concello de Fene abre este xoves o prazo de preinscrición para os campamentos...

0
Fene contará este ano con 6 prazas para a segunda quenda dos Campamentos de verán da Deputación da Coruña, que se desenvolverá do 30...

Publicacións Relacionadas