Home A Coruña O pan e o colectivo das panadeiras, protagonistas dun novo mural de...

O pan e o colectivo das panadeiras, protagonistas dun novo mural de Carral

- Anuncio -

· A artista Cecilia Salinas está traballando, esta semana, no muro, sito a escasos metros do Campo da Feira.

A Festa do Pan de Carral chegará, esta fin de semana, ao seu vinte aniversario. E para conmemoralo, o Concello está elaborando un mural para render homenaxe, non só a este produto estrela no municipio, senón tamén ao colectivo das panadeiras. A artista Cecilia Salinas iniciou o traballo esta semana, coincidindo coa celebración da cita gastronómica.


O traballo artístico parte dunha fotografía do libro Fotos para as mil historias de Carral, elaborado polo xestor cultural e técnico de Cultura do Concello, Carlos Lorenzo. Crese que a instantánea é dunha feira de Carral dos anos 50 e, nela, pode verse un posto de venda de pan cunha panadeira e unha compradora xunto a unha nena pequena. Esta imaxe servirá de base, pero no mural incorporaranse outros elementos representativos do municipio como, por exemplo, o panteón.

A obra estase realizando nun muro sito nas proximidades do Campo da Feira, no extremo máis próximo á estrada nacional. A elección do lugar non é casualidade, xa que a escasos metros desta parede é onde se celebra, precisamente, a tradicional Festa do Pan. Así mesmo, a previsión do goberno é bautizar o espazo como rúa das Panadeiras despois de que os veciños e veciñas elixisen este nome no Premio 8 de Marzo, a iniciativa que o Concello impulsa para conmemorar o Día da Muller. A proposta terá que elevarse ao pleno para a súa votación.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas