HomeA CoruñaA CoruñaAberto o proceso de selección do programa Éfeso, que formará a 645...

Aberto o proceso de selección do programa Éfeso, que formará a 645 persoas desempregadas

- Anuncio -spot_img

As formacións comezarán este mesmo mes e prolongaranse ata o 2026

Xa están abertos os procesos de selección do alumnado que participará no proxecto Éfeso, unha iniciativa do Concello da Coruña cofinanciada polo Fondo Social Europeo. O seu obxectivo é promover a capacidade profesional das persoas desempregadas con máis dificultades para acceder ao mercado laboral. Con esta nova iniciativa, o Goberno de Inés Rey reitera o seu compromiso coa creación de emprego e a mellora da cohesión social: “Este proxecto non só mellorará a empregabilidade, senón que tamén revitalizará barrios como Os Mallos, Sagrada Familia ou Labañou, contribuíndo a unha cidade máis inclusiva e sostible” apuntou a concelleira de Comercio, Mercados e Emprego, Diana Cabanas.

Trátase dunha iniciativa integradora, que promove a participación das entidades sociais da cidade que desenvolven actividades en favor do emprego e que son complementarias da municipal. Está previsto que 645 persoas desempregadas accedan a unha profesión e poidan conseguir un posto de traballo, ademais o 70% das persoas participantes serán mulleres. Éfeso Coruña dá continuidade ao proxecto Coruña Suma, a través do cal o Concello acadou a inserción laboral de 1.130 persoas. Ambos programas están destinados a persoas desempregadas, principalmente mulleres, maiores de 45 anos, de longa duración, estranxeiros ou nacionais con baixos niveis educativos ou procendentes de contornas vulnerables inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.

O orzamento total do proxecto ascende a máis de 3 millóns de euros, cunha achega municipal que supera o millón de euros e un cofinanciamento do Fondo Social Europeo Plus do 60% do custo total do proxecto. Éfeso ofrece formación con certificado profesional e prácticas en empresas da Coruña, en sectores profesionais como: atención sociosanitaria en institucións sociais, auxiliar de almacén, auxiliar de comercio, administración e xestión, hostalería e turismo, carnicería, peixaría e servizos auxiliares de salón de peiteado. 

Xa se están realizando os procesos de selección do alumnado que participará nos itinerarios formativos que darán comezo a finais deste mesmo mes, como é o caso de carnicería e peixaría. A formación nos outros sectores previstos irase desenvolvendo ao longo do último trimestre do ano.

As persoas desempregadas que estean interesadas en participar poden obter máis información dirixíndose ao Centro Municipal de Emprego dos Rosales, a través do teléfono 981 18 43 99 na páxina web de Éfeso ou ben a través do correo electrónico efesocoruna@coruna.gal

Publicacións Relacionadas