Onte ás 21:45 h., o parque provincial de Ribeira recibiu aviso dun accidente cun vehículo e un ciclomotor implicados, sen persoas atrapadas pero si feridas.
Ao chegar ao lugar, a Policía Local de Ribeira xa se atopaba alí dirixindo o tráfico. Os integrantes do vehículo non sufriron danos de relevancia, mentres que condutor do ciclomotor, un adolescente, atopabase tendido no chan, dorido pero consciente. Estaba a ser atendido pola súa nai e unha transeúnte que se identificou como médica.
En canto chegou a ambulancia, os bombeiros axudaron ao persoal de emerxencias a retirar o casco do ferido, colocarlle un collarín e trasladalo en padiola ata o vehículo, para ser trasladado despois ao hospital do Barbanza. Remataron a intervención coa limpeza da estrada.
O accidente tivo lugar na avenida da Coruuña, no concello de Ribeira. Completaron o servizo Policía Local de Ribeira, Grumir de Ribeira e 061.