HomeA CoruñaAguiño dispensará a mellor navalla de Galicia na súa festa gastronómica

Aguiño dispensará a mellor navalla de Galicia na súa festa gastronómica

- Anuncio -spot_img

No día de hoxe déronse cita, o concelleiro de Turismo, Francisco Suárez-Puerta, o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes xunto co presidente da Comisión de Festas de Aguiño, Julio Abraldes para presentar IX Festa da Navalla de Aguiño. Suárez-Puerta veu a confirmar que “xa é unha festa que está consolidada e esperemos que pouca a pouco vaia alcanzando o nivel que ten a Festa do Percebe”. O concelleiro de Turismo animou a degustar a navalla o vindeiro 10 de agosto, “esperamos que tódolos veciños e veciñas xunto cos visitantes acudan ás 12:00 horas do mediodía ao Porto de Aguiño para vivir unha experiencia gastronómica de primeiro nivel”.

Julio Abraldes agradeceu ás concellerías de Turismo e Mar “pola axuda que nos aportan porque senón, sería imposible levala a cabo”, tamén tivo palabras de agradecemento para a Cofradía de Pescadores de Carreira e Aguiño “pola cesión de tódalas instalacións do pósito para o desenrolo da propia festa”, tamén en especial o presidente agradeceu de antemán o traballo dos navalleiros porque o venres día 8 “irán ao mar exclusivamente para coller o produto para a festa e a maiores nolas deixarán aún prezo especial”. Aparte das navallas Julio informou que haberá sardiñas asadas, “imos a ter música en directo e posiblemente unha voda na propia carpa da festa”. Para rematar Julio informou do prezo da ración de navalla que será de 13 euros cunha media de 12 a 13 navallas por ración dependendo do tamaño das navallas.

O concelleiro do Mar adiantou que se van a coller preto de 450 quilos de navalla, tamén tivo palabras de agradecemento para os navalleiros de Aguiño por axustar os prezos para a festa porque a navalla a día de hoxe está a 22 euros o quilo, informou que os cartos recadados na festa serán destinados para a organización do próximo Carme de Aguiño.

Fernando Abraldes explicou que dende a concellería do Mar se fará un aporte de 4000 euros para colaborar e levar a bo porto a degustación da mellor navalla de Galicia extraída na praia de Castro-Catía.

Publicacións Relacionadas