Home A Coruña Ailá, Lamatumbá e Fania Blanco Show protagonizan esta fin de semana as...

Ailá, Lamatumbá e Fania Blanco Show protagonizan esta fin de semana as festas de Monte Alto

- Anuncio -

O pregón destes festexos promovidos polo Concello correrá a cargo da sala de concertos Mardi Gras polo seu 25 aniversario

O barrio de Monte Alto celebrará este venres 20 e sábado 21 as súas festas, promovidas desde o Concello dentro da programación de Festas nos Barrios. O Goberno de Inés Rey continúa apostando pola deslocalización e expansión dos festexos, con numerosas actividades lúdicas para todas as idades nas diferentes zonas da Coruña.

As festas, programadas en colaboración coa Asociación Veciñal Atochas, Monte Alto, A Torre, comezarán o venres a partir das 22.00 horas cunha verbena a cargo da orquestra Fania Blanco Show. Será no patio do colexio Víctor López Seoane.

O sábado 21 a xornada arrincará co primeiro Roteiro da Memoria Cívica de Santo Amaro, que se realizará no cemiterio e levará por nome ‘Xente que aínda segue en nós’. Ás 13.30 horas haberá unha sesión vermú na rúa da Torre que contará coa actuación de Son d’aquí.

Xa pola tarde, a partir das 16.30 horas, haberá xogos populares no Campo de Marte para todas as idades. Tamén no Campo de Marte actuarán Desastronauts a partir das 18.45 horas. Pola noite, ás 21.45 horas, terá lugar o pregón das festas, que correrá a cargo das persoas responsables da sala de concertos Mardi Gras, que este ano celebra o seu 25 aniversario. Será no escenario da rúa da Torre, onde tamén se realizarán, a continuación, os concertos de Ailá (22.00 h) e Lamatumbá (23.30 h).

Relacionadas

O Pleno de Brión aproba destinar os 686.000 € do POS+ 2025 a gasto...

0
O alcalde Pablo Lago explica que “decidimos destinar todo a gasto corrente porque as obras imos financialas con fondos propios xa que é a...

Aprobado por unanimidade o POS+ Adicional 2025 para gastos sociais

0
Destinaranse máis de 103.000 euros ao financiamento de gasto corrente, reforzar programas sociais e adquirir equipos informáticos e equipamento técnico asistencial. O Pleno da Corporación...

O alumnado do IES Agra de Leborís asistiu á xornada informativa sobre agresións e...

0
A iniciativa centrouse en animar á mocidade a reflexionar sobre o bo trato nas primeiras relacións. O alumnado de primeiro de bacharelato do IES Agra...

Sesión extraordinaria do Pleno da corporación do 14 de xaneiro de 2025

0
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu no 14 de xaneiro, a partir das 13.45 horas, a sesión extraordinaria do...

Socialista pechan un acordo de orzamentos para 2025

0
Goretti Sanmartín, en representación do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, María Rozas, en nome do Grupo Municipal de Compostela Aberta, e Gonzalo Muíños,...

A II Bandeira de Bateis Mecalsa dispútase na Pobra no 18 de xaneiro

0
Os bateis vogarán as augas da dársena do peirao comercial da Pobra na II Bandeira de Bateis Mecalsa que organiza o Club Remo Puebla...

Publicacións Relacionadas