Alternativa pedirá na Deputación maior seguridade peonil en dous puntos negros de Bergondo

adminON
Lectura mínima de 1

A seguridade peonil en dous puntos negros do municipio de Bergondo relacionados coa rede ferroviaria e a AP9 protagonizarán unha moción da Alternativa dos Veciños ao pleno da Deputación da Coruña, propietaria das vías afectadas.

Dous pasos inferiores de estradas supoñen un grave risco para o tráfico peonil e ciclista. O Concello de Bergondo, a instancias da Alternativa, xa tratou o asunto tanto con Fomento como con ADIF, que remitiron a solución ás administracións donas das estradas.

En San Paio, a Autoestrada do Atlántico ou o Ministerio de Fomento tería que executar un espazo segregado para peóns na vía DP0810, para que as persoas usuarias da vía puidesen transitar con maior seguridade.

O mesmo acontece co paso inferior de Cortiñán, onde se pide que se amplíe o túnel existente nos terreos propiedade de ADIF nese punto da estrada DP0105 para facilitar o tránsito seguro de peóns e ciclistas.

Deputación debería dar solución a ambos problemas. No caso de San Paio debería realizar un proxecto conxunto para arranxar, ademais deste problema, outro histórico: o estreitamento da vía na zona de Villa Julia.

Comparte este artigo