Bota a andar o curso de prevención de riscos no fogar e primeiros auxilios para maiores, organizado polo Concello de Neda. Unha decena de veciñas e veciñas apuntáronse para participar ao longo deste mes na iniciativa formativa e de divulgación, destinada a identificar perigos para así evitar accidentes domésticos.
Este martes pola tarde tiña lugar a primeira entrega da actividade, enmarcada nas propostas de envellecemento activo, e impulsada co apoio da Deputación da Coruña. O obxectivo da iniciativa, que se levará a cabo no local social do Puntal os martes e xoves, a partir das 16:00 horas, non é outro que axudar a garantir a seguridade e o benestar da veciñanza.
Así, ao longo das oito sesións previstas avaliaranse as situacións máis frecuentes de risco, aportaranse recomendacións para evitar incidentes que, na poboación de máis idade, poden ter consecuencias graves, e daranse pautas de actuación ante situacións de emerxencia. Nesta liña, explicaranse primeiros auxilios básicos, falarase do manexo seguro de medicamentos, da prevención de intoxicacións…

