Home A Coruña Arrinca a décima edición das xornadas gastronómicas ‘Lacónicas’, con máis de 30...

Arrinca a décima edición das xornadas gastronómicas ‘Lacónicas’, con máis de 30 locais participantes

- Anuncio -

Do 13 de febreiro ao 9 de marzo, 32 establecementos ofrecerán menús especiais de lacón con grelos, un dos pratos estrela da cociña galega

 A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, presentou esta mañá a décima edición das ‘Xornadas Gastronómicas do Lacón con Grelos’, máis coñecidas como Lacónicas, unha das citas culinarias máis importantes da cidade. “O Goberno de Inés Rey segue fomentando este tipo de iniciativas que poñen en valor o produto local e a excelente materia prima galega, ademais de ser unha oportunidade de seguir revitalizando a hostalería da cidade”, apuntou a concelleira.

O acto de presentación tivo lugar nun dos restaurantes participantes nesta edición: La.Con.Fusión. Asistiron diferentes persoas responsables dos establecementos hostaleiros que participarán nesta edición. “Na Coruña amosamos constantemente que a nosa oferta gastronómica é de primeirísimo nivel e desde o Goberno de Inés Rey queremos fomentar os pratos de temporada con iniciativas coma esta”, indicou Diana Cabanas.

Este ano, un total de 32 establecementos ofrecerán do 13 de febreiro ao 9 de marzo menús especiais de lacón con grelos, un dos pratos estrela da cociña galega. Todos eles estarán principalmente elaborados con produtos de proximidade e de quilómetro cero. Cada menú estará conformado por un primeiro (sopa ou similar), un prato principal (laconada) e unha sobremesa clásica (filloas e/ou orellas), ademais de incluír bebida (auga/refrescos/cervexa/adega de denominación de orixe galega) e café (opcional). O prezo das propostas oscilará entre os 20 e os 40 euros por persoa. Cabe destacar que hai establecementos que ofrecen menús para grupos, con recollida no local ou mesmo con envío a domicilio.

Restaurantes participantes
Nesta décima edición participan: A fuego lento, A taberna de Cunqueiro, Arraigo, Asador Coruña, Bar Ciudad, Bodega Órdenes, Central Park, Cícero, Cinema’s, Cosecha81, El 46, El Invernadero, Galiur, Restaurante Ábrego, La Marola, La pérgola de oído cocina, La Tabarra, La Tribu, La.Con.Fusion, Lois, Mahara Taberna Rock, Marea Baja, Mesón de Herves, Miña Nai, Restaurante Eira, Restaurante Hünico, Restaurante Morriña, Rincón del Reino, Taberna O Freixo, Vermutería Chitín, Vermutería Martínez, Yebra Gastrobar.

Relacionadas

O Concello e a Federación Española de Baile Deportivo celebrarán en maio o primeiro...

0
O Concello de Narón e a Federación Española de Baile Deportivo, en colaboración co Club de Baile Deportivo Narón, volven unir forzas para traer...

Ortigueira pon en marcha a Escola de Familias

0
Esta iniciativa busca integrar a pais e nais na educación dos seus fillos en temas sensibles como o acoso, as redes sociais ou a...

A Orquestra Sinfónica de Galicia participará na nova edición do festival Musika-Música de Bilbao,...

0
O festival terá lugar entre os días 7 e 9 de marzo. A OSG terá á fronte o director estadounidense Andrew Litton A Orquestra Sinfónica...

As Somozas aproba os investimentos do Plan de Obras e Servizo da Deputación por...

0
• A achega provincial destinarase para mellorar accesos e a seguridade viaria en varios puntos do municipio, así como tamén optimizar a rede de...

Alternativa apoia en Culleredo a nais e pais do conservatorio que reclaman calefacción e...

0
A situación do Conservatorio de Profesional de Música de Culleredo motivou que os concelleiros de Alternativa estean traballando en diversas frontes para darlles saída...

Nereida Canosa pon en valor a colaboración público-privada para fomentar a inserción laboral de...

0
A concelleira de Benestar Social participou esta tarde na entrega de premios do programa Empréganos 2025, organizado por FEAFES Galicia nas instalacións do Centro...

Publicacións Relacionadas