Home A Coruña Arrincan as obras de construción do novo viario que conectará a avenida...

Arrincan as obras de construción do novo viario que conectará a avenida de Arteixo e A Sardiñeira pola Agra dos Mallos, para mellorar os accesos á intermodal

- Anuncio -

A intervención suporá un investimento de máis de 2,5 millóns de euros

O Concello puxo en marcha esta semana os traballos de construción do novo viario que conectará a avenida de Arteixo e A Sardiñeira a través da Agra dos Mallos, unha intervención clave para facilitar o acceso ás futuras instalacións da estación intermodal desde a entrada da cidade.
Esta medida é fundamental para segregar o tráfico específico que vai en dirección á intermodal, de aí que o Goberno de Inés Rey a estea a impulsar en paralelo ás melloras que xa se están a executar na propia avenida da Sardiñeira, adaptando a contorna da estación ás futuras necesidades das persoas usuarias en termos de mobilidade e accesibilidade.

Neste sentido, as obras na Agra dos Mallos esixen, como paso previo, a relocalización dos postos do mercado da Sardiñeira, que ten lugar os martes e sábados. Por iso, e antes de acometer a construción do novo viario, o Concello iniciou xa os traballos para acondicionar o lateral do centro cívico dos Mallos, onde, tal e como se acordou previamente coas persoas vendedoras, se gañarán espazos para distribuír os postos, que na súa meirande parte seguirán a habilitarse na explanada situada na parte traseira do edificio Aliko.

A mediados de semana, a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, e a concelleira de Atención Cidadá e Seguridade, Montse Paz, visitaron a Agra dos Mallos para informar sobre as actuacións previstas. A medida que avance o plan de obras, xa serán visibles as novas beirarrúas e carril bici que discorrerán en paralelo ao viario.
Cómpre lembrar que o Concello levará a cabo un investimento de 2,5 millóns de euros nesta intervención, que, ademais de abrir un novo paso para o tráfico rodado en dirección á intermodal—aliviando así o sector oeste da Sardiñeira, as rúas interiores dos Mallos e a rolda de Outeiro—, tamén suporá melloras substanciais nas conexións con Vioño e na propia avenida de Arteixo.

A este respecto, tal e como se informou en abril deste ano, coa saída a contratación das obras, tamén está previsto construír unha nova glorieta en forma de óvalo na propia avenida de Arteixo. Esta glorieta, que terá 17 metros de radio exterior, estará localizada entre o centro cívico e o centro de saúde dos Mallos. Isto posibilitará a realización de cambios de sentido neste sector da avenida de Arteixo, facilitando o acceso directo ao barrio de Vioño e á contorna do propio centro de saúde ás persoas que cheguen en sentido de entrada á cidade.

Máis de catro millóns para mellorar a mobilidade dos Mallos e Vioño

A alcaldesa, Inés Rey, destacou que tanto as obras de mellora previstas na avenida da Sardiñeira como para construír o novo viario na Agra dos Mallos “son intervencións clave para absorber o tráfico específico que vai en dirección á intermodal e, de paso, mellorar a mobilidade na contorna dos Mallos e Vioño”, barrios onde a circulación de vehículos é intensa e diaria por ser, como son, puntos de entrada á cidade.

Neste sentido, á reurbanización da Sardiñeira destínanse 1,8 millóns de euros, cofinanciados con fondos Next Generation, e outros 2,5 millóns en fondos propios á nova conexión entre a avenida de Arteixo e a Sardiñeira. “Isto supón, en termos prácticos, máis de catro millóns para dar un xiro de 180 graos á mobilidade da zona, con melloras nos seus espazos públicos”, indicou Rey.

Relacionadas

A Asociación Érguete e a Regaep advirten que se suprimiu o subsidio para as...

0
Esta “pequena axuda de caracter humanitaria” melloraba as taxas de reincidencia A Rede Galega de Educacións en Prisión (Regaep), da que forma parte a Asociación...

A Xunta participa na tradicional Feira de San Martiño de Teo

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e a conselleira do Medio...

A parada de taxis de Ribeira situarase diante da estación de autobuses Ribeira 11...

0
O Concello de Ribeira informa á cidadanía do cambio de localización da parada de taxis municipal. Dende este mesmo luns 11 de novembro, o...

Arrinca a parcelaria de Lamas, Loureda, Sergude e Vigo en Boqueixón coa elección da...

0
Máis de trescentas persoas ateigaron o auditorio do Pazo de Quián A parcelaria reorganizará 1.957 hectáreas, beneficiará a 1.195 propietarios e suporá un investimento de...

54 persoas accederon a un posto de traballo grazas ao Programa Integrado de Emprego

0
Outros 46 participantes melloraron a súa formación profesional e empregabilidade. O programa integrado de emprego que se desenvolveu na Laracha baixo a organización do Concello...

O Concello solicitará ao Consorcio a mutación demanial do multiúsos do Sar

0
A Xunta de Goberno deu luz verde esta mañá á solicitude ao Consorcio de Santiago da mutación demanial a favor do Concello do complexo...

Publicacións Relacionadas