Home A Coruña As parroquias da Pobra vivirán o Nadal con numerosas actividades

As parroquias da Pobra vivirán o Nadal con numerosas actividades

- Anuncio -

As propostas lúdicas para o Nadal non se centrarán exclusivamente no centro da Pobra do Caramiñal. A Concellaría da Participación Veciñal leva ás parroquias numerosas actividades para desfrutar desta época. Haberá chocolatada, inchables, xogos tradicionais, minidisco, karaoke e obradoiros, en horario de 17.30 a 20.30 horas.

Será na escola unitaria da Granxa (no venres 6), na pista deportiva de San Isidro (no sábado 7), no centro sociocultural da Ribeiriña (no domingo 8), na escola unitaria da Angustia (no venres 13) e na pista cuberta do CEP Salustiano Rey Eiras (no luns 23).

Con relación a isto, a concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, fai fincapé en que se busca “estende-lo espírito destas datas a cada recuncho da nosa localidade. Seguimos así na senda de descentraliza-las actividades do núcleo urbano, levándoas tamén ás zonas do rural.” En canto á elección do colexio de Bandaseca, explica que se concentran alí O Vilariño, O Camiño Ancho e O Campiño para ter así un espazo cuberto amplo, ademais de que, por exemplo, o centro sociocultural do Campiño está en obras.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas