• A Praza do Concello acollerá, en horario de 10:00 a 19:00 h, unha gran variedade de postos de alimentación, artesanía e plantación. Como novidades, haberá firma de libros de autores da comarca, así como tamén obradoiros infantís durante a xornada.
• O evento contará tamén con carpa con pulpeira e churrasco e sorteos de produtos durante todo o día. Ademais, a partir das 14:00 terá lugar a sesión vermú e degustación de Chanfaina da Chaiña.
Tras a gran acollida da pasada edición, a praza do Concello das Somozas acollerá o vindeiro 12 de abril a II Feira Multisectorial Agrícola, Alimentación e Artesanía, organizada polo Concello. Un evento que naceu o ano pasado co obxectivo da dinamizar a actividade económica e social da zona, dando protagonismo aos sectores agrícola, alimentario, artesanal e de produtos de proximidade.
A cita celebrarase en horario de 10:00 a 19:00 horas e as persoas que acudan poderán visitar unha gran variedade de postos de alimentación e plantación, exposición de maquinaria agrícola, así como artesanía e produtos da terra e de proximidade.
O evento contará con carpa con pulpeira e churrasco e tamén levaranse a cabo durante todo o día sorteos de produtos aportados polos expositores e participantes na feira. Ademais, a partir das 14:00 haberá sesión vermú e degustación de Chanfaina da Chaiña.
Como novidades, a feira contará con firma de libros de autores da comarca e a rapazada poderá desfrutar de varios obradoiros infantís. A firma de libros para adultos realizarase en horario de mañá, de 12:00 a 14:00 e contará con Zaida Picos, Raquel Villanueva, Isabel Ramos, Sabela Cagiao, María Pilar Hermosa, Tania Sabín e Juan José Ladra. Pola tarde, de 17:00 a 18:00 firmarán as autoras de público infantil, Cristina Arias e Laura de Cibreiro. Paralelamente levaranse a cabo obradoiros infantís en horario de 12:00 a 14:00, de 16:00 a 17:00 e contacontos de 17:00 a 18:00 horas.
Tras o anuncio, o alcalde, Juan Alonso Tembrás, adestacou que “esperamos que esta segunda edición volva a ter unha gran acollida que ademais contará con algunhas novidades con respecto ao ano pasado e un marabilloso cartel realizado polo alumnado do CEIP O Marbán”.
“Esta feira supón unha excelente oportunidade para achegar á veciñanza e persoas visitantes unha mostra representativa do tecido produtivo local e comarcal, nun ambiente festivo, familiar e participativo”, concluíu.

