Free Porn
xbporn
Home A Coruña As Somozas licita as obras de construción da senda peonil en Agraxoiba

As Somozas licita as obras de construción da senda peonil en Agraxoiba

- Anuncio -

• A intervención está subvencionada pola Deputación da Coruña e contempla a realización dunha travesía peonil de 310 metros de lonxitude e 1,80 metros de ancho.

• O obxectivo desta intervención é a mellora da conservación da infraestrutura viaria do municipio e mellorar as condicións de vida e de traballo no medio rural.

O Concello das Somozas investirá máis de 77.000 euros no proxecto de construción dunha senda peonil na estrada AC-110, en Agraxoiba.

A finalidade da execución destas obras é a mellora e conservación da infraestrutura da rede viaria do Concello, así como a mellora das condicións de vida e de traballo no medio rural, facilitando a accesibilidade da veciñanza.

Esta intervención, financiada pola Deputación da Coruña, contempla a realización desta travesía peonil de 310 metros de lonxitude e 1,80 metros de ancho. Ademais, previamente á execución do pavimento contémplase a canalización con pozos de rexistro de sumidoiro para recollida de augas pluviais, así como a instalación de luminarias e iluminación pública.

O alcalde, Juan Alonso, subliña “a importancia que teñen estas intervencións para seguir mellorando as comunicacións e infraestruturas do municipio e facilitando o día a día da nosa veciñanza”.

Relacionadas

COGAMI ofrece atención especializada ás mulleres con discapacidade

0
COGAMI dispón dun Servizo de Atención Especializada para Mulleres con Discapacidade co que busca abordar as diversas necesidades que presenta este grupo social, prestando especial...

Presentación das Festas de Santa Uxía 2024

0
Hoxe tivo lugar o acto de presentación das Festas da Patroa de Ribeira na que se personaron, o tenente de Alcalde, Vicente Mariño, o...

O Concello de Boqueixón inicia as obras de mellora dos accesos a Loureda, nos...

0
O Concello de Boqueixón vén de iniciar as obras de mellora dos accesos ao lugar de Loureda, nas que vai investir 68.906,12 euros. Uns...

O Servicio Municipal de Conciliación conta no verán con 124 usuarios

0
Durante o curso escolar volverá funcionar o servizo Madruga, ademais do de Canguraxe que se oferta durante todo o ano. O servizo municipal de conciliación...

A Xunta investiu máis de 2,6 millóns de euros na mellora da subministración de...

0
— As obras para incrementar a captación de auga do río Mandeo e optimizar a rede de abastecemento municipal benefician ás empresas da zona...

O PP de Culleredo solicita un pleno extraordinario para depurar responsabilidades pola irregular xestión...

0
∙ “É a nosa obrigación velar polo bo uso dos fondos públicos e polo cumprimento das leis, e está claro que este goberno cometeu...

Publicacións Relacionadas