Home A Coruña Belén do Campo anuncia a licitación das obras de ampliación e mellorado...

Belén do Campo anuncia a licitación das obras de ampliación e mellorado CEIP Mar de Fora de Fisterra que suporá un investimento de case 1M€

- Anuncio -

 A delegada da Xunta destacou que estas actuacións mellorarán o día a día da comunidade educativa, cun centro con maior espazo, confort térmico e máis accesible

 A representante do Goberno galego subliñou que todas estas obras se enmarcan no Plan de Nova Arquitectura, a folla de ruta da Xunta para a modernización dos centros adaptándoos as novas necesidades educativas

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou o CEIP Mar de Fora de Fisterra, para anunciar a licitación dunha actuación que suporá un investimento de 951.000 euros para levar a cabo as obras de ampliación e diferentes melloras neste centro que terán un prazo de execución de 9 meses. Estas obras mellorarán o día a día dos membros da comunidade educativa, cun centro con máis espazo, maior confort térmico máis accesible.

A finalidade do novo proxecto é, por unha banda, levar a cabo unha ampliación para contar cun espazo destinado a ximnasio. Para iso, proxéctase unha edificación en planta baixa, exenta do edificio principal, conectada ao edificio principal mediante unha pasarela cuberta que se conectará co soportal. A nova edificación dispoñerá duns materiais acordes coa contorna. Neste sentido, a cuberta integrarase coas cubertas actuais do centro e da contorna construída, en tella vermella, mediante un panel sándwich.

O corpo principal será o da pista deportiva, de maior altura polas súas necesidades programáticas, mentres que os corpos secundarios, dedicados a un despacho, outro a un cuarto de instalacións e un terceiro a un soportal de acceso, serán de menor altura e flanquearán ao corpo principal, para realizar a transición entre este e a contorna. O corpo de acceso tamén servirá para situar a entrada e realizar a transición coa pasarela cuberta.

A actuación tamén contempla no edificio principal a reforma dos vestiarios situados na planta baixa. Para iso, sumarase á superficie dos vestiarios existentes o espazo ocupado polo almacén e o ANPA, practicamente en desuso. Os novos vestiarios terán dúas zonas diferenciadas: un primeiro espazo con uso de aseo, que permita utilizalos como aseos nos tempos de recreo e un segundo espazo destinado ao vestiario en si, formado por zona de duchas e zonas de bancos. Ademais, dotarase ao centro dun vestiario accesible, do que actualmente non dispón. Crearase un acceso directo ao patio norte desde os vestiarios, que permita conectalos co ximnasio. Este acceso dispoñerá dunha rampla accesible, dándolle ao centro un acceso plenamente accesible do que actualmente carece

Ademais, levarase a cabo a substitución das carpinterías exteriores, a substitución da cuberta de policarbonato dos soportais e finalmente tamén se actuará sobre o peche da parcela que dá á rúa principal, dado o seu mal estado. Os balaústres de formigón substituiranse por un peche metálico con bastidor, que se ancorará aos machóns de formigón existentes. Substituirase tamén a porta principal de entrada ao centro por unha porta metálica con bastidor, similar ao peche.

Belén do Campo destacou que con esta nova ampliación a Xunta está a atender as necesidades educativas deste concello, e dando unha solución ao incremento de demanda rexistrada nos últimos anos neste centro escolar.

A representante do Goberno galego subliñou que todas estas obras se enmarcan no Plan de Nova Arquitectura, a folla de ruta da Xunta para a modernización dos centros adaptándoos as novas necesidades educativas

“Estes investimentos son un exemplo do compromiso da Xunta cunha educación pública de calidade que inclúe a mellora das instalacións coa fin de garantir que os escolares dispoñan duns espazos confortables, seguros e accesibles nos que desenvolver a súa aprendizaxe”, recalcou a delegada.

Relacionadas

A Xunta lamenta que o Goberno non atendese as súas alegacións ao novo regulamento...

0
― José González remarcou a falta de sensibilidade do Executivo ante a postura defendida por Galicia en coordinación co terceiro sector, desbotando a figura...

A Xunta desenvolve un proxecto piloto para instalar puntos de carga sostibles en centros...

0
— Ángeles Vázquez subliña que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático destinará 170.000 euros para financiar actividades e formación de persoal e...

A Xunta destaca a importancia de que as entidades asentadas no territorio e coñecedoras...

0
— Ángeles Vázquez salienta que a súa contribución é vital para optimizar a xestión e a protección daqueles elementos de valor máis sensibles en...

Xosé Merelles gaba o papel diversificador do Camiño de Inverno que medrou o 42%...

0
— O director de Turismo de Galicia asinou un convenio de colaboración coa Asociación de Municipios para a promoción e mellora da experiencia dos...

A Xunta prevé executar en 2025 labores de conservación e limpeza en arredor de...

0
— Ángeles Vázquez salienta que o organismo hidráulico destinará 2,7 M€ o vindeiro ano á realización deste tipo de traballos, que inclúen a retirada...

Incendio nun domicilio abandonado na rúa Bordel, no concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro participaron ao redor das 15:00 horas desta tarde nun operativo dirixido a sufocar un lume orixinado nunha...

Publicacións Relacionadas