Home A Coruña Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case 1,5M€ realizados pola Xunta neste concello no 2023

- Anuncio -

A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de Segufe, en Seavia

A delegada da Xunta, Belén do Campo, realizou, esta mañá, unha visita institucional ao Concello de Coristanco para reunirse co alcalde, Juan Carlos García. No encontro repasaron os proxectos que ten actualmente en marcha a Xunta neste municipio. A delegada tamén anunciou que este mes de maio sairá a convocatoria para a contratación de socorristas. Os cargos poderán imputarse con data de 1 de xuño. Uns apoios que solicita, todos os anos, o concello para dar cobertura ao servizo de piscina.

A representante do Goberno autonómico lembrou que, no 2023, a Xunta investiu máis de 1,5 millóns de euros con actuacións tan importantes como máis de 621.000 euros para a rehabilitación integral do CPI Alcalde Xosé Pichel ou os 58.000 para a instalación dun ascensor no CEIP Bormoio-Agualada. Ademais desde a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, investíronse máis de 587.000 euros en actuacións como a mellora do alumeado público en Ponte Grande e Feira Nova ou a mellorar da eficiencia enerxética no campo de fútbol.

A delegada tamén repasou as obras previstas neste concello como a creación dun punto limpo preto de Segufe, en Seavia, que conta cunha axuda da Xunta de máis de 285.000 euros. Belén do Campo destacou que esta obra permitirá mellorar a separación dos residuos, ademais de evitar que acaben en puntos incontrolados.

Os dous representantes públicos coincidiron na necesidade de seguir reforzando os vínculos locais para contribuír ao desenvolvemento sustentable das comunidades galegas. A visita a Coristanco ten como obxectivo escoitar as necesidades directamente dos habitantes e gobernantes locais, buscando sempre manter un diálogo aberto e efectivo.

Do mesmo xeito, Belén do Campo e Juan Carlos García analizaron as necesidades do concello e comprobaron o resultado de distintas actuacións enmarcadas no ámbito de colaboración da Xunta cos municipios.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Galicia tramitará a súa propia lei de Meteoroloxía se o Goberno Central rexeita a...

0
— O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar...

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

Publicacións Relacionadas