test
Home A Coruña Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1 millón de euros realizados pola Xunta no concello en 2023

- Anuncio -

A delegada lembrou que a Xunta investirá este ano case 1 millón de euros na nova depuradora que dará servizo a 382 veciños e veciñas

A delegada da Xunta, Belén do Campo, realizou, esta mañá unha visita institucional ao Concello de Lousame, onde se reuniu coa alcaldesa, Teresa Villaverde. Un encontro no que repasaron os proxectos que ten actualmente en marcha a Xunta neste municipio e no que tamén participaron o concelleiro de Economía, Esteban Ares; o concelleiro de Obras Públicas, Ramón Martínez; e a concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo.

A representante do Goberno autonómico lembrou que, no 2023, a Xunta investiu máis dun millón de euros en Lousame a través das distintas liñas de axudas e realizou importantes obras como a renovación do CPI Cernadas de Castro, por un importe de preto de 600.000 euros. Para este ano, están previstas xa actuacións por máis dun millón de euros, entre as que figura o convenio de colaboración coa Secretaria Xeral para o Deporte para a reforma dos vestiarios do campo de fútbol.

Nova depuradora

Ademais, o pasado mes de febreiro a Xunta licitou por 952.000 euros as obras de construción dunha nova depuradora e que dotará de servizo de saneamento e depuración de augas residuais a distintos núcleos da parroquia de San Xoán de Lousame que na actualidade non contan cun sistema axeitado. En concreto, esta actuación beneficiará directamente a un total de 382 veciños de Devesa, A Silva, Berrimes, As Quintáns, A Costa e tamén parte do núcleo de Cruído, así como instalacións como o polideportivo e a piscina municipais e o CPI Cernadas de Castro. Para facelo posible, executarase unha rede de saneamento que recollerá as augas residuais destes núcleos para conducilas cara a unha nova depuradora, que se construirá na zona do rego Pesqueira, nunha parcela proposta polo Concello.

As obras consistirán na construción dun colector na marxe esquerda da estrada provincial (DP-4201), na intersección de Cruído, e outro na zona do campo de fútbol da Silva. Tamén se executará un pozo de bombeo na Costa, que recollerá as augas residuais de 3 destes núcleos (Berrimes, As Quintáns e A Costa), impulsándoas cara ao colector nesa zona para logo levalas á nova depuradora. Esta ETAP estará dotada con pretratamento, decantación primaria e secundaria, medida de caudal de auga tratada e bypass que permitirá o alivio na arqueta de entrada.

As dúas representantes públicas coincidiron na necesidade de seguir reforzando os vínculos locais para contribuír ao desenvolvemento sustentable das comunidades galegas. A súa presenza en Lousame subliña a relevancia de entender as necesidades locais directamente dos habitantes e gobernantes locais, buscando sempre manter un diálogo aberto e efectivo. Do mesmo xeito, Belén do Campo e Teresa Villaverde analizaron as necesidades do concello e comprobaron o resultado de distintas actuacións enmarcadas no ámbito de colaboración da Xunta cos concellos.

Relacionadas

A Escola municipal de teatro infantil de Neda estrea este mércores a comedia “Casa...

0
A escola municipal de teatro infantil de Neda organiza o mércores 26 de xuño, a partir das 19 horas, a súa tradicional Mostra fin...

A Xunta de Goberno dá un novo paso cara á protección do mural pintado...

0
A Xunta de Goberno local acordou esta mañá a aprobación provisional da modificación puntual do Catálogo do Plan especial de protección e rehabilitación da...

Fene propón un verán deportivo para todas as idades

0
Este mércores abre o prazo para inscribirse nos cursiños de verán de kaiak e paddle surf e no campamento lúdico-deportivo Bautismos de mergullo, cursiños de...

O dispositivo de emerxencias da San Xoán realizou 184 asistencias, 45 menos que ano...

0
Os servizos de limpeza viaria levan recollidas 57 toneladas de lixo O dispositivo de máis de 650 persoas encargado de velar pola seguridade en San...

San Sadurniño reivindicará o venres e o sábado a liberdade de ser e sentir

0
O Concello e a Asociación Cultural Brío promoven varias actividades co gallo do 28X, Día Internacional do Orgullo LGTBI+ O 28 de xuño celébrase o...

O Concello presenta un amplo programa de actividades culturais e deportivas para o verán

0
• A XXIII Feira dá Cebola Chata de Miño, a III Feira dá Cultura EnCamiño, cinema ao aire libre, exposicións, concertos ou cursos deportivos...

Publicacións Relacionadas