Home A Coruña Camariñas destina 470.000 euros do Plan Único a diferentes obras e gasto...

Camariñas destina 470.000 euros do Plan Único a diferentes obras e gasto corrente

- Anuncio -

● O goberno local levará mañá, mércores (16:30 horas), a pleno a proposta para a súa aprobación.

● Os proxectos son: a segunda fase da senda peonil a Lingunde, a construción dunha pista polideportiva no CEIP O Areal, a mellora de rúas no Allo e a renovación do peche de catro pistas polideportivas.

● No Plan Complementario incluíronse tres proxectos que suman 279.628,19 euros.

O Concello de Camariñas levará mañá, mércores 5 de febreiro, a pleno (16:30 horas) a aprobación do Plan Único 2025 da Deputación da Coruña polo que se destinarán un total de 470.711,83 euros para realizar diferentes obras e facer fronte a gastos correntes.

Así, por unha banda, o goberno local decidiu destinar 210.711,83 euros para levar a cabo os seguintes proxectos: a segunda fase da senda peonil a Lingunde (70.506,60 euros), a construción dunha pista polideportiva no CEIP O Areal (72.749,40 euros), a mellora de rúas no lugar do Allo na Ponte do Porto (36.901,08 euros) e a renovación do peche perimetral en catro pistas polideportivas exteriores (30.554,75 euros). Pola outra, 260.000 euros serán para financiar gastos correntes.

Plan Complementario 2025

Ademais, tamén se leva a pleno a aprobación do Plan Complementario 2025, valorado en total en 279.628,19 euros, e que se destinará a tres proxectos: humanización das rúas alcalde Noguera Patiño e Médico Tomás Artaza, arranxo e mellora de rúas no lugar de Santa Mariña e reparación do pavimento na rúa Carreira.

Na sesión plenaria de mañá tamén se tratará a aprobación inicial da modificación puntual da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Camariñas e Jesús Romar Canosa tomará posesión como novo concelleiro.

Relacionadas

O BNG apoia as reivindicacións da ANPA do CEIP O Grupo de Ribeira

0
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) manifesta o seu apoio ás demandas da Asociación de Nais e Pais Santa Uxía do CEIP O Grupo de...

Convenio entre o Concello e o Grupo de Investigación en Cambio Ambiental da UDC...

0
As primeiras actividades desenvolveranse este mes, dentro do programa Medrando con Apego e na II Feira do Día da Muller e a Nena na...

Ponteceso adicará a totalidade dos fondos do POS a financiar gasto corrente

0
O goberno local indica que “o único que pretende é mellorar a saúde da casa de todos os pontecesáns”. O Concello de Ponteceso celebra mañá...

O bus de doazón de sangue de ADOS recalará este venres pola tarde en...

0
A Unidade Móbil de Doazón de Sangue visitará Neda o venres 7 de febreiro. Durante toda a tarde, de 15:30 a 21:00 h, permanecerá...

María Rivas pon en valor a mellora na seguridade cidadá da Laracha, cunha baixada...

0
 A subdelegada e máis o alcalde, José Manuel López, repasaron os datos de seguridade no concello, que melloraron con respecto ao ano pasado ...

O Campo Municipal da Laracha será sede do Campionato de España de Seleccións Autonómicas...

0
O evento foi presentado hoxe no Concello polo alcalde e o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol. A Laracha será unha das sedes da fase...

Publicacións Relacionadas