HomeA CoruñaCarballo converterase o 24 de maio nun espazo de información e aprendizaxe...

Carballo converterase o 24 de maio nun espazo de información e aprendizaxe sobre o TEA para familias e docentes

- Anuncio -spot_img

Representantes da asociación Un paso máis e do Concello de Carballo presentaron o programa da II Xornada formativa “A inclusión socioeducativa”

Sensibilizar á poboación sobre a importancia da inclusión social educativa das persoas con TEA, crear un espazo de intercambio de información, visibilizar aos colectivos e ofrecer ferramentas son os principais obxectivos da II Xornada formativa A inclusión socioeducativa, co-organizada pola asociación Un paso máis, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e o Concello de Carballo, que se celebrará o 24 de maio no Fórum. Hoxe presentámola na casa do concello, nun acto no que participaron representantes das entidades organizadoras.

Valentín Costa, coordinador das xornadas, destacou a excelente acollida da primeira edición tanto por parte da comunidade educativa coma das familias, e anunciou novidades para segunda edición: as xornadas serán homologadas pola Consellería de ducación por 8 horas e haberá un descanso activo no que participarán outras entidades sociais da contorna “poñendo puntos de información sobre os seus labores e as súas tarefas do día a día”. Os representantes de Un paso máis agradeceron a colaboración e a implicación do Concello.

A concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, Maica Ures, subliñou a importancia de achegar ferramentas tanto aos docentes como ás familias “para mellorar a vida dos nenos e nenas con TEA e que estean cada vez máis integrados na sociedade”. O alcalde de Carballo, pola súa banda, puxo en valor o traballo que vén realizando a agrupación Un paso máis e incidiu en que a inclusión “debe ser un reto de todos”.

PROGRAMA
09:30 – 10:00 Recepción e benvida

10:00 – 10:30 Acto inaugural: Evencio Ferrero Rodríguez (Alcalde de Carballo), Marcos Pinaque Varela (Doutor en Equidade e Innovación educativa), e Banesa Martínez (Presidenta da Agrupación Deportiva Un Paso Máis).10:30 – 11:30 Seres únicos. Marcos Pinaque (Doutor en Equidade e Innovación educativa)

11:30 – 12:30 Descanso activo
Coa participación das entidades: Paseniño, ENKI, ASPABER, Íntegro, APEM, FEGEREC, e Un Paso Máis.
(Cáterin xentileza da Escola de Hostalaría Municipal de Carballo)

12:30 – 14:00 Mesa redonda: TEA e inclusión
• Comprendendo as condutas. Silvina Lema Fernández (Presidenta da Asoc. Esp. de Disciplina Positiva e maestra de educación infantil)
• “Un paso máis” cara a inclusión. Valentín Costa Trillo (Membro de Un Paso Máis)
• Acompañamento familiar. Isabel García García (Doutora Especialista en TEA)
• Máis alá da fala: a comunicación. Gil Barrero (Enxeñeiro especialista en informática e tecnoloxía adaptada).
• A miña experiencia. Juan Díaz Puente

16:30 – 18:00 Talleres e seminarios (escoller 1 de 5)
• Disciplina positiva. Benestar psicoemocional e comprensión do comportamento. Silvina Lema Fernández (Presidenta da Asoc. Esp. de Disciplina Positiva e maestra de educación infantil)
• Taller de mestres. Marcos Pinaque Varela (Doutor en Equidade e Innovación educativa)
• Taller de familias. Isabel García García (Doutora Especialista en TEA)
• Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación. Gil Barrero (Enxeñeiro especialista en informática e tecnoloxía adaptada).
• O aprendizaxe da lectoescritura para o alumnado con TEA. Ana Cecilia Colmenarez Raga (Doutora en Neurociencias).

18:30 – 20:00 Talleres e seminarios (escoller 1 de 5):
• Disciplina positiva. Benestar psicoemocional e comprensión do comportamento. Silvina Lema Fernández (Presidenta da Asoc. Esp. de Disciplina Positiva e maestra de educación infantil)
• Taller de mestres. Marcos Pinaque Varela (Doutor en Equidade e Innovación educativa)
• Taller de familias. Isabel García García (Doutora Especialista en TEA)
• Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación. Gil Barrero (Enxeñeiro especialista en informática e tecnoloxía adaptada).
• O aprendizaxe da lectoescritura para o alumnado con TEA. Ana Cecilia Colmenarez Raga (Doutora en Neurociencias).

• 20:00 – 20:30 Acto de clausura
Xosé Regueira Varela (vicepresidente da Deputación da Coruña), María Carmen Ures García (concelleira de Servizos Sociais de Carballo), Eva Arán Fernández (secretaria de Un Paso Máis)
SERVIZO DE CANGURAXE
Un Paso Máis porá á disposición de quen o precise un servizo de canguraxe. Para solicitalo, é necesario contactar a través de info@unpasomais.org.

HOMOLOGACIÓN
Está solicitada a homologación destas xornadas á Consellaría de Educación por 8 horas. Para a obtención do certificado será necesario acreditar a asistencia de, cando menos, o 85% da totalidade da actividade.

INSCRICIÓNS
Ata o 19 de maio no teléfono 689 315 690, no correo electrónico unpasomais@gmail.com ou neste formulario.

Publicacións Relacionadas