Home A Coruña Cariño avanza nas obras de dragaxe do porto e recibe a visita...

Cariño avanza nas obras de dragaxe do porto e recibe a visita do conselleiro do Mar

- Anuncio -

• As obras iniciáronse a principios de mes e a actuación, que constará de varias fases, ten unha duración estimada de catro anos.

• A alcaldesa do municipio, Ana María López, recibiu xunto a varios membros do executivo local a visita do titular de Mar, Alfonso Villares, da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e do presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez.

O Concello de Cariño avanza nas obras de dragaxe do porto, iniciadas a principios do mes de outubro e que contan coa colaboración da Consellería do Mar e de Portos de Galicia. Trátase dun proxecto moi importante para o municipio e no que se prevé a extracción de máis de 20.000 metros cúbicos de area da zona da costa de varada e dos peiraos de atracada comercial interiores. Esta é a primeira das fases desta actuación, que en total terá unha duración estimada de catro anos.

Con motivo destas obras, a alcaldesa do municipio, Ana María López, recibiu a visita o pasado martes do conselleiro do Mar, Alfonso Villares, da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e do presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, quen se desprazou ata o porto cariñés para comprobar o desenvolvemento dos traballos que se atopan en execución.

A rexedora, que estivo acompañada polos concelleiros Alberto Balado e Laura García e por varios técnicos municipais, dialogou con Villares sobre o destino dos áridos extraídos da dragaxe, que segundo explicou o titular de Mar parte deles utilizaranse para a rexeneración de praias próximas, mentres que outra parte depositarase en alta mar, a unhas sete millas do porto nun punto de depósito autorizado.

En total, esta primeira fase terá unha duración estimada duns catro meses, polo que se espera que poida estar finalizada en torno ao próximo mes de xaneiro.
Paralelamente, antes de final de ano darán comezo as obras para a mellora da iluminación da nave de redes, unha actuación coa que se dará resposta á demanda das traballadoras, que solicitaban contar con luz natural no interior da nave.

As seguintes fases consistirán na realización dun maior calado na zona comercial e nun mantemento xeneralizado de toda a zona, posto que a actuación total terá unha duración de catro anos e haberá que repasar diversos puntos que se poderían ir desgastando polo paso do tempo.

A alcaldesa, Ana María López, comentou que “son unhas obras moi importantes e moi necesarias que foron demandadas polos veciños e polas veciñas durante anos”. Na mesma liña, a rexedora quixo destacar que “desde mediados dos anos 90 non se realizou unha actuación a este nivel”.
Pola súa banda, Alfonso Villares destacou que a Xunta de Galicia está a investir 600.000 euros nas obras de dragaxe do porto de Cariño e que as actuacións na zona continuarán nos próximos meses. Neste sentido, o titular de Mar informou de que Portos de Galicia segue traballando na tramitación das obras de reforzo do dique de abrigo de Cariño, que está pendente de dous informes solicitados ao Goberno central e que non foron recibidos ata o momento.

Nos próximos meses tamén se realizarán os traballos de renovación das luminarias do porto, que serán substituídas por tecnoloxía LED nunha intervención na que Portos de Galicia investirá 90.000 euros, e a renovación dos firmes portuarios, para o que se destinarán 20.000 euros máis.

Relacionadas

Incendio nun domicilio abandonado na rúa Bordel, no concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro participaron ao redor das 15:00 horas desta tarde nun operativo dirixido a sufocar un lume orixinado nunha...

“FolkXove”: os Orzamentos Participativos achegan a mocidade á cultura tradicional

0
O Centro Xove da Almáciga acollerá o próximo sábado, 23 de novembro, a xornada “FolkXove”, unha iniciativa que nace dos Orzamentos Participativos da área...

Semana europea da prevención dos residuos

0
Arrancan nos colexios de Neda as charlas de reciclaxe con motivo da celebración da Semana europea da prevencións dos residuos. O CEIP de Maciñeira...

O Coworking da Pobra recibe a visita de alumado do IES Espiñeira

0
Nova xornada de encontro no Coworking da Pobra con alumnado de centros educativos. Catorce estudantes do ciclo medio de Instalacións de Telecomunicacións do IES...

O programa socioeducativo Espazo nas Escolas chega por terceiro ano consecutivo aos centros públicos...

0
Por terceiro ano consecutivo, o Concello da Pobra do Caramiñal pon en marcha o servizo Espazo nas Escolas coa colaboración da Asociación Socieducativa Antonio...

Diana Cabanas reafirma o “compromiso co talento feminino” do Goberno de Inés Rey

0
A concelleira participou na xornada polo Día Internacional da Muller Emprendedora organizado pola Fundación Mujeres no centro Accede Papagaio A concelleira de Emprego, Comercio e...

Publicacións Relacionadas