HomeA CoruñaCarral pide colaboración á Xunta para afrontar o importante aumento da poboación

Carral pide colaboración á Xunta para afrontar o importante aumento da poboación

- Anuncio -spot_img

En breve sairán ao mercado as case 300 vivendas que quedaran paralizadas pola crise do 2008

Case 300 vivendas do centro urbano de Carral foron desbloqueadas recentemente pola Sareb, o que provocará a medio prazo un importante incremento da poboación neste municipio. Ante esta realidade, o alcalde ten solicitado á Xunta a construción dunha nova depuradora de fecais, xa que a actual leva anos obsoleta.

O Concello solicitará tamén á Xunta que se faga cargo do mantemento da rede de auga potable, que agora administra Emalcsa.

Estas vivendas foran vítimas da crise do 2008 e hai pouco tempo foron adquiridas por distintos promotores para rematar de construilas e sacalas ao mercado.

Publicacións Relacionadas