Preto dun cento de persoas encheron o pasado sábado a praza do Concello de Brión para asistiren ao concerto inaugural da Escola de Música Magariños cuxas clases escolares arrincaron esta mesma mañá. O concerto foi impartido pola Banda Municipal de Música de Brión e o Trío Pablo Sanmamede, profesor no centro.
A actuación foi unha fusión de sons e estilos, xa que combinouse a tradición musical das bandas de música coa improvisación e ritmo do jazz. Un concerto organizado pola ESMU Magariños, que contou coa colaboración do Concello de Brión, a Deputación da Coruña e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade.