Home A Coruña Cerdido celebra o Día das Letras Galegas cun acto especial na Área...

Cerdido celebra o Día das Letras Galegas cun acto especial na Área Recreativa O Castro

- Anuncio -

 O poeta cerdidense José Luís Graña presentará o seu novo poemario ‘Verso Plural’

 Durante o evento entregarase o premio do XXIII Concurso de Contos ‘Manuel Otero Pazos’

O Concello de Cerdido acolle un acto especial con motivo do Día das Letras Galegas este venres, 17 de maio, a partir das 19:00 horas.

A Área Recreativa O Castro será o escenario do evento no que o poeta cerdidense José Luís Graña presentará o seu novo poemario, baixo o título ‘Verso Plural’. O acto estará amenizado polo acompañamento musical de José Manuel Espiñeira.

O evento contará coas intervencións do alcalde, Alberto Rey; a concelleira de Cultura, artista plástica e poeta, Amalia Díaz; e a colaboración especial do activista cultural, Santiago Rodríguez.
A figura de Luísa Villalta será homenaxeada a través das palabras dos interventores, destacando a importancia da creación en galego no coidado e o mantemento da lingua galega.

Rey salientou “a importancia que teñen este tipo de actos para darlle á nosa lingua o lugar que merece e manter viva a cultura e identidade propias de todos os galegos e galegas.”

Pola súa banda, a delegada de Cultura Amalia Díaz, destacou que “é un pracer poder homenaxear as nosas letras xunto a un veciño de Cerdido, amosando o apoio do Concello ao talento local”.
Entrega do premio da categoría de adultos do XXIII Concurso de Contos ‘Manuel Otero Pazos’

O acto acollerá ademais a entrega do premio do XXIII Concurso de Contos ‘Manuel Otero Pazos’ á gañadora na categoría de adultos. O Concello fixo pública a acta de gañadores deste concurso, celebrado o pasado mes de abril con motivo do Día do Libro, no que se outorga o primeiro premio a Belén Amparo Breijo Sardiña polo seu conto ‘A Semana Santa perdida e os comezos de ‘Don Manolo’.

Relacionadas

O goberno ribeirense apoia a veciñanza de Aguiño e solicita que Sanidade cubra todas...

0
Hoxe, diante do Concello de Ribeira produciuse unha concentración masiva na que se fixo entrega de máis de 2600 sinaturas para reclamar a presenza...

O Concello acorda con Augas de Galicia un prazo de seis meses para estudiar...

0
 O goberno municipal reuniuse a pasada semana co organismo autonómico e presentoulle as auditorías externas que analizaron o estado das redes de abastecemento...

O Concello completa a restauración do muíño do parque de Santa Margarida

0
A alcaldesa visitou a contorna para supervisar os traballos levados a cabo no enclave, un dos elementos etnográficos de maior relevancia do parque Inés Rey:...

Neda activará un programa para que a xente maior aprenda a quitarlle partido aos...

0
O Concello porá en marcha cursiños sobre competencias dixitais coa axuda da Deputación da Coruña O Concello de Neda reforzará, co apoio da Deputación da...

O alcalde de Brión entrega os premios do Concurso de Tarxetas de Nadal e...

0
O alcalde de Brión, Pablo Lago, fixo entrega dos premios do tradicional Concurso de Tarxetas de Nadal, un certame que este ano acadou a...

O Concello mellora o acceso ao núcleo de Barbeita

0
É unha importante mellora na seguridade, xa que ata o de agora os vehículos de emerxencia non podían acceder a varias vivendas deste núcleo O...

Publicacións Relacionadas