HomeA CoruñaA CoruñaCharlas de divulgación científica na biblioteca Rialeda: Exploración de marte

Charlas de divulgación científica na biblioteca Rialeda: Exploración de marte

- Anuncio -spot_img

O programa “Ler para saber: charlas de divulgación científica” volve á biblioteca Rialeda o venres 4 de abril da man do enxeñeiro e científico de Misións Planetarias, Alejandro Cardesín Moinelo.

O venres 4 de abril ás 18:30h terá lugar unha charla científica impartida polo enxeñeiro e científico de Misións Planetarias; Alejandro Cardesín Moinelo sobre “Exploración de marte”.

Os obxectivos do programa “Ler para saber” son achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar os coñecementos científicos da cidadanía, fomentar a lectura e consultas sobre temas relacionados coa ciencia e o coñecemento específico dunha materia determinada ademais de dinamizar os fondos bibliográficos sobre estes temas nas bibliotecas municipais.

As charlas de divulgación científica dirixidas a nenas e nenos, a partir de 10 anos, adolescentes e para público en xeral.

A entrada é de balde para toda aquela persoa que desexe asistir.

Máis información na Biblioteca Rialeda.

Publicacións Relacionadas