Home A Coruña Conclúe a terceira acción formativa realizada no Centro de Capacitación Dixital da...

Conclúe a terceira acción formativa realizada no Centro de Capacitación Dixital da Laracha

- Anuncio -

As persoas interesadas en realizar un curso destas características deben contactar presencialmente no Edificio Administrativo, vía telefónica ou por WhatsApp.

A Laracha conta nas instalacións do Edificio Administrativo cun Centro de Capacitación Dixital que ten por finalidade pechar a brecha dixital entre a poboación do concello, facilitando as competencias dixitais a todos os cidadáns do municipio con independencia do seu perfil demográfico.

Hoxe finalizou a terceira acción formativa realizada no Centro de Capacitación Dixital desde que se puxo en funcionamento a principios de ano. Do mesmo xeito que nos anteriores, o plan constou de 30 horas de duración nas que os asistentes recibiron formación práctica sobre o uso de dispositivos e aplicacións informáticas que facilitarán o seu día a día e lles permitirán desenvolverse nunha sociedade dixitalizada, evitando que as novas tecnoloxías sexan unha barreira para acceder ao mercado laboral, aos diferentes servizos ou comunicarse coas administracións.

Calquera persoa empadroada no termo municipal da Laracha que estea interesada na realización dunha acción formativa destas características pode informarse acudindo ao Edificio Administrativo da Laracha, chamando ao 981612811 ou tamén vía WhatsApp no 669963094. As sesións realízanse en grupos reducidos con participantes de todos os perfís.

O Centro de Capacitación Dixital da Laracha é xestionado polo Concello en colaboración co Ministerio de Educación y Formación Profesional con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado polos fondos Next Generation da Unión Europea.

Relacionadas

Judeline, Edurne, Nia, Merche e Paula Koops, primeiras confirmacións do Atlantic Pride 2025

0
O festival gratuíto e inclusivo celebrarase na Coruña entre o 6 e o 13 de xullo O Atlantic Pride quenta xa motores para a súa...

Ozuna actuará en exclusiva na Coruña como cabeza de cartel do Morriña Fest 2025

0
Os abonos sairán á venda este xoves 6 ás 13.00 horas O Morriña Festival 2025 suma un novo gran nome ao seu impresionante cartel: Ozuna....

Camariñas celebrará cinco días de Entroido por todas as parroquias

0
● O Concello publicou a programación de actos para o Entroido, que inclúe opción para todos os gustos e idades. ● O 2 de marzo...

O Concello pon en marcha os traballos de reconstrución da duna de Riazor tras...

0
Está previsto que a estrutura de area que protexe o Paseo Marítimo estea reparada esta semana O Concello comezou esta semana os traballos de reparación...

O Concello de Fene denuncia novos actos vandálicos nas pistas de atletismo de Barallobre

0
O Concello fai un chamamento ao civismo e retirará as casetas danadas, que veñen sufrindo varios ataques nos últimos meses O Concello de Fene vese...

O Concello organiza formacións de prevención de caídas para persoas maiores

0
O Concello vai organizar ao longo das diversas semanas unha formación para prevención de caídas dirixida ás persoas maiores de 65 que participan nas...

Publicacións Relacionadas