⚠️ Incidencias de tráfico este sábado polo Trofeo Concello de Carballo 2026 ⚠️
Co motivo da celebración da carreira ciclista haberá restricións na circulación e cortes de tráfico en diferentes puntos. Pregamos máxima colaboración para garantir a seguridade de deportistas e peóns.
Toma nota dos horarios e zonas afectadas:
🕒 Dende as 15:00 h
• 🚫 Pechado ao tráfico: tramo inicial da rúa Gran Vía
🕒 A partir das 16:00 h (cortes puntuais)
Ao paso dos ciclistas da categoría cadete, produciranse cortes intermitentes nas seguintes zonas e estradas:
• 📍 Avda. da Milagrosa
• 📍 Estrada a Coristanco (AC-552)
• 📍 Estrada de Coristanco a Rus (DP-1912)
• 📍 De Rus a Carballo (DP-1914)
• 📍 Tramo Ardaña – Artes
• 📍 Feira de Verdillo – Carballo (DP-1905 / AC-413)
🕒 Dende as 18:00 h ata as 19:30 h (circuíto urbano)
Cortes de tráfico continuos polo desenvolvemento das carreiras de Escolas no circuíto grande:
• 🚫 Rúas afectadas: Gran Vía, Dr. Fleming, Avda. Bergantiños, Rúa Vila de Corcubión, Vila de Noia, Vila de Negreira e Sol.
🛑 Recomendacións:
• 🚗 Evita o uso do vehículo nas zonas afectadas durante os horarios indicados a menos que sexa estritamente necesario.
• 🚪 Abstente de saír ou entrar dos garaxes situados nos tramos dos circuítos mentres estea a carreira en marcha.
• 👮♂️ Atende en todo momento ás indicacións da Policía Local, Protección Civil e do persoal voluntario da organización.

