Home A Coruña Demostración de cociña en vivo para promocionar a Feira do Mel no...

Demostración de cociña en vivo para promocionar a Feira do Mel no Salón Internacional gastronómico

- Anuncio -

A Feira do Mel que organiza todos os anos o Concello de Oleiros en Perillo foi hoxe protagonista no 25º Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebrará nas instalacións de Expourense (Ourense) durante esta fin de semana. A docente de cociña do Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, xunto co alumnado, realizou unha demostración de diversos pratos que contaron con mel na súa elaboración e que fixeron as delicias das numerosas persoas que se achegaron ata o posto informativo.

No espectáculo de cociña en vivo estivo presente o alcalde, Ángel García Seoane; e a concelleira de turismo e promoción económica, Teresa Vázquez Maseda.

A XXXIV edición da Feira do Mel que terá lugar o vindeiro domingo 3 de novembro na polideportiva cuberta da II República en Perillo, entre as 10 e as 15 horas, coa participación de 41 apicultores de toda Galicia.

Relacionadas

Aberto desde o luns o prazo de inscrición no IV Concurso Imaxina Coruña

0
Os centros educativos interesados neste programa municipal poderán apuntarse na web municipal ata o 22 de novembro O Concello da Coruña abre o prazo de...

O Concello avanza recuperación do patrimonio coa restauración dos lavadoiros de Palavea e Feáns

0
As actuacións contan cun orzamento próximo aos 25.000 euros de orzamento para reposición, restauración e limpeza das estruturas O Concello da Coruña avanza na recuperación...

O Concello de Carballo pon en marcha o programa “Remocea”, no que poderán participar...

0
Aberto o prazo de inscrición para as seguintes actividades: talleres de memoria, manexo de teléfonos móbiles e outras tecnoloxías e actividades lúdico-formativasO alcalde, Evencio...

O Ministerio de Cultura volve premiar as Bibliotecas do Concello de Oleiros

0
A forte aposta pola educación e a cultura que fai o Concello de Oleiros volve ser merecedor de que as Bibliotecas Municipais fosen novamente...

As persoas máis lectoras da Pobra son agasalladas polo Día das Bibliotecas 2024

0
As bibliotecas son un punto de encontro arredor das letras, unha plataforma para a difusión do coñecemento. Baixo esta premisa, a Concellaría da Cultura...

O desprendemento de cables de telefonía impide o tráfico rodado na rúa José María...

0
Os bombeiros do parque Provincial das Pontes interviñeron esta tarde nunha incidencia ocasionada pola rotura dun poste de telefonía sobre a vía que impedía...

Publicacións Relacionadas