Desprendemento dun balcón na rúa Xío, no concello de Porto do Son

adminON
Lectura mínima de 1

Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira participaron pasadas as 20:00 horas de onte nun operativo consistente na retirada dos elementos dun balcón que se desprendeu na rúa Xío, no concello de Porto do Son.

O balcón, situado nun segundo andar, perdeu planchas de vidro que caeron sobre a vía pública, polo que ante a imposibilidade de asegurar o resto da estrutura, os bombeiros provinciais aseguraron o espazo retirando máis elementos do balcón.

Completou o operativo a Garda Civil de Noia.

Comparte este artigo