Free Porn
xbporn
Home A Coruña Diana Navarro e a Orquestra Xoven da Sinfónica de  Galicia pechan este...

Diana Navarro e a Orquestra Xoven da Sinfónica de  Galicia pechan este xoves as actuacións no  escenario de María Pita 

- Anuncio -

O concerto, de entrada libre, comezará ás 21.00 horas 

Tras tres intensas semanas cunha ampla e variada oferta  musical, a Orquestra Xoven da Sinfónica de Galicia pechará os recitais da Semana Clásica e  as actuacións musicais da praza de María Pita, dentro da programación das Festas de María  Pita 2024. O Goberno de Inés Rey deseñou un programa para todo tipo de públicos e idades,  pasando da música máis actual aos grandes clásicos. 

Nesta ocasión, este xoves 22 a partir das 21.00 horas, a Orquestra Xoven da Sinfónica de  Galicia contará coa actuación especial de Diana Navarro e baixo a dirección de Julio Awad.  Diana Navarro é unha cantante, compositora e actriz malagueña, unha das grandes voces da  música andaluza, con nove discos, catros Discos de Ouro e unha candidatura ao Grammy  Latino. 

O repertorio será o seguinte: “24 Rosas”, “Adiós”, “Campanera”, “Desnuda vengo a ti”, “El  perdón”, “Eres tú”, “Los niños no”, “Mare mía”, “Menegilda”, “Mira lo que te has perdido”, “No  te olvides de mí”, “Ojos verdes”, “Olivia Ovidia”, “Sola” e “Tarántula”. O concerto será de  entrada gratuíta. 

Con esta actuación concluirá a Semana Clásica, unha das seccións máis tradicionais das  Festas de María Pita, que reúne cada ano ás principais orquestras e formacións de música  clásica e contemporánea na praza de María Pita. Nesta edición, cada formación ofreceu un  concerto especial: a Orquestra Sinfónica de Galicia e o seu Coro interpretaron a Novena de  Beethoven, a Banda Municipal de Música da Coruña ofreceu o espectáculo ‘A noite das  cancións extraordinarias’, a Orquestra GAOS actuou con Abraham Cupeiro e a Orquestra de  Cámara Galega fíxoo coa pianista Elisa D’Auria.

Relacionadas

COGAMI demanda medidas para garantir unha educación inclusiva e accesible no novo curso escolar...

0
Ante o inicio deste novo curso escolar 2024-2025, dende a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, COGAMI, lanzamos unhas propostas co fin de que...

COGAMI ofrece atención especializada ás mulleres con discapacidade

0
COGAMI dispón dun Servizo de Atención Especializada para Mulleres con Discapacidade co que busca abordar as diversas necesidades que presenta este grupo social, prestando especial...

Presentación das Festas de Santa Uxía 2024

0
Hoxe tivo lugar o acto de presentación das Festas da Patroa de Ribeira na que se personaron, o tenente de Alcalde, Vicente Mariño, o...

O Concello de Boqueixón inicia as obras de mellora dos accesos a Loureda, nos...

0
O Concello de Boqueixón vén de iniciar as obras de mellora dos accesos ao lugar de Loureda, nas que vai investir 68.906,12 euros. Uns...

O Servicio Municipal de Conciliación conta no verán con 124 usuarios

0
Durante o curso escolar volverá funcionar o servizo Madruga, ademais do de Canguraxe que se oferta durante todo o ano. O servizo municipal de conciliación...

A Xunta investiu máis de 2,6 millóns de euros na mellora da subministración de...

0
— As obras para incrementar a captación de auga do río Mandeo e optimizar a rede de abastecemento municipal benefician ás empresas da zona...

Publicacións Relacionadas