O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou hoxe xunto coa delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, os expositores de Equiocio Ferrol 2024 con stands institucionais e turísticos da comarca ferrolá, de produtos do mar do expositor ‘Galicia sabe amar’ da Consellería do Mar ou o ecomarket. Na penúltima xornada do concurso hípico presenciou algunhas das probas antes da entrega do Trofeo Xunta de Galicia. Durante a visita ao campo das Cabazas en Covas lembrou ademais o reforzo do transporte nestes días con catro servizos directos de autobús para garantir unha mobilidade sostible a este certame de ocio de referencia con máis de 30 anos de historia e punto de encontro para fomentar o deporte e promocionar a cultura e o turismo de Ferrolterra.