Dezaseis artistas -14 pintores/as e dúas fotógrafas- participan na exposición de fotografía e pintura que a Asociación Narón Amigos da Arte amosa estes días na Casa da Cultura. A mostra inaugurouse o pasado 2 de outubro e poderá visitarse até o vindeiro día 31 en horario: de luns a venres, de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas, e os sábados, de 10 a 13 horas.
A exposición de pintura e fotografía de Narart inclue obras de: Canzobre, Maite Hermida (fotografía), Esther Piñán, Saila Chao, Beba Pereira, Pilar Criado, Mary López, Mayte López (fotografía), Crisanto Poveda, Manuel Carballeira, R. Climent, Manuel Amor, Jesús Victoria, Manoly Miraz, Eva Bergantiños e Sol Lamas.