Free Porn
xbporn
Home A Coruña FalaRedes achega a mocidade de Fene ao mundo do cómic

FalaRedes achega a mocidade de Fene ao mundo do cómic

- Anuncio -

O alumnado de primeiro da ESO do IES de Fene participará o vindeiro luns nun obradoiro creativo de construción de personaxes de cómic, no marco do programa de dinamización do galego FalaRedes, que promove a Secretaría Xeral da Lingua para a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) coa colaboración da Concellería de Cultura de Fene. O debuxante Alberto Guitián será o encargado de impartir a actividade na que tomarán parte trinta e dous rapaces e rapazas de 12-13 anos.

Qué é o máis importante á hora de inventar unha personaxe: o aspecto visual ou a súa personalidade? No obradoiro Creando personaxes de cómic! os/as participantes descubrirán as claves e técnicas para construír personaxes de BD e debuxarán tiras coas súas creacións.

Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, Alberto Guitián fai ilustración para carteis, portadas, produtos, libros e publicidade. Colaborador nas revistas de humor Mongolia, El Jueves, Mister K, Retranca e O Botafumeiro, tamén realiza fondos e storyboards de animación. Ten impartido máis de 50 obradoiros e clases maxistrais de BD e ilustración en Galicia e Cataluña. Foi coordinador da Guía Ninja do ilustrador da AGPI. Ten publicado os volumes monográficos de BD e ilustración Fito & Pita (Retranca, 2009), Petaco (Diábolo, 2010; edición en francés en 2013),·El Circo Lorza (Dibbuks, 2011) e Solo tinta (Polaqia, 2012).

Algunas das súas obras máis destacadas foron: a gráfica e dirección artística dos espectáculos da compañía El Retrete de Dorian Gray, 2006-2018; cartelería para o Entroido do Concello da Coruña, 2017; exposición El Circo Lorza, MIHL (Lugo), 2014; Chico & Rita (longam.: fondos), Estudio Mariscal, Barcelona, 2010; ilustracións para xogo de mesa Oca do Camiño de Santiago, Ográfico / Ideas Peregrinas, 2010. E, entre os premios que recibiu, salientan o do Salão do Humor Gráfico de Vila Real, Portugal, 2000-2005, e un accésit no Certamen de Cómic e Ilustración Injuve 2003.

Relacionadas

Abegondo dinamiza o Samaín cunha camiñada á luz das lanternas este venres

0
• Baixo o título ‘Camiño dás Ánimas’, os asistentes poderán gozar dun roteiro nocturno por Beche con espectáculo de lume e maquillaxe. O Concello de...

O Concello da Coruña celebra o Día das Bibliotecas con obradoiros e actividades de...

0
Durante esta semana, a rede de bibliotecas municipais acollen iniciativas baixo o título ‘Por un futuro sostible’ orientadas á concienciación cidadá A Rede de Bibliotecas...

O Concello impulsa unha serie de visitas guiadas os primeiros días de novembro para...

0
· As persoas interesadas poderán facer a inscrición no Museo do Encaixe. O Concello de Camariñas impulsa unha serie de visitas guiadas do 1 ao...

San Sadurniño volve participar este ano no certame ambiental Vilas en Flor

0
O xurado do certame organizado pola Fundación Juana de Vega, ASVINOR e AGAEXAR visitou onte o municipio para facer a avaliación de campo da...

A Reserva de Biosfera, presente no VII Congreso Nacional de Ecoturismo como un dos...

0
● O vicepresidente da entidade e alcalde de Paderne, Sergio Platas, e o Director do PSTD, Diego López, participaron hoxe nunha exposición oral de...

Presentación dos cursos Cemit para novembro

0
Presentación dos cursos Cemit para novembro  Ribeira 23 de outubro de 2024  Hoxe pola mañá procedeuse por parte do segundo tenente de Alcalde, Francisco Suárez-Puerta, á...

Publicacións Relacionadas