Home A Coruña Fene acollerá a xornada “Ostomía e Continencia”, organizada pola Asociación de Técnicos...

Fene acollerá a xornada “Ostomía e Continencia”, organizada pola Asociación de Técnicos de Farmacia de Ferrolterra

- Anuncio -

A actividade, de carácter gratuíto, celebrarase no CPS de San Valentín o 19 de febreiro, e está dirixida tanto a profesionais sanitarios como a coidadores e familiares

Desde a Concellaría de Benestar Social e Igualdade anímase á participación nesta iniciativa formativa

O vindeiro 19 de febreiro, ás 20.30h, o CPS de San Valentín acollerá a xornada “Ostomía e Continencia”, unha actividade organizada pola Asociación de Técnicos de Farmacia de Ferrolterra e dirixida a profesionais do ámbito sanitario, coidadores, persoal de atención sociosanitaria e familiares de persoas ostomizadas. A participación é gratuíta, se ben é necesario inscribirse previamente chamando ao 646 381 096.

A xornada abordará cuestións clave para mellorar a calidade de vida das persoas con ostomías e problemas de continencia urinaria, tratando temas como:

  • Coidados das ostomías: tipos de ostomía, dispositivos dispoñibles, presentacións comerciais, accesorios e manexo axeitado dos dispositivos.
  • Coidados da continencia urinaria: cateterismo intermitente, sondas de autocateterismo, colectores de ouriños masculinos e bolsas de ouriños.

Ao finalizar a sesión, abrirase unha quenda de preguntas para aclarar dúbidas e as persoas asistentes poderán desfrutar dun pequeno aperitivo.

Desde a Concellaría de Benestar Social e Igualdade anímase á participación nesta actividade, que supón unha excelente oportunidade de formación para todas aquelas persoas que teñan contacto directo con pacientes ostomizados ou con necesidades de continencia urinaria.

O presidente da Asociación de Técnicos de Farmacia de Ferrolterra, Antonio Ávila del Moral, destacou que “esta xornada é a primeira dunha serie de actividades que queremos impulsar desde Fene para mellorar a formación e a atención ás persoas con necesidades sanitarias específicas. O noso obxectivo é achegar información práctica e útil tanto a profesionais como a familiares e coidadores”.

Esta iniciativa marca o inicio dun programa de accións formativas en Ferrolterra, orientadas a mellorar a calidade de vida das persoas con necesidades sanitarias específicas e a ampliar os coñecementos de todos os axentes implicados no seu coidado.

Relacionadas

O futuro Pazo dá Cultura de Abegondo xa aflora na recta final da rehabilitación...

0
• O alcalde e a subdelegada do Goberno visitaron hoxe os traballos, cun investimento de 1,55 millóns de euros • Santiso avanzou que o novo...

O Concello comeza a instalación dun novo aseo autolimpiable en Novo Mesoiro

0
En breve colocarase outro servizo de iguais características na Praza da Tolerancia O Concello comezou esta semana as obras de instalación dun novo aseo autolimpiable...

A II Bandeira de Bateis e o XXVI Trofeo de Bateis Cidade de Narón...

0
O Concello naronés e o Club de Remo Narón organizaron a II Bandeira de Bateis e o XXVI Trofeo de Bateis Cidade de Narón,...

O Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo convoca o III Concurso de...

0
As inscricións poderán realizarse no mes de marzo e as fases clasificatoria e final celebraranse en abril O Conservatorio Profesional de Música do Concello de...

O Concello impulsa a ampliación do Programa Pares no Centro Municipal de Animais de...

0
O proxecto, que se realiza en colaboración coa Fundación María José Jove e a Fundación Emalcsa, busca mellorar a saúde mental de persoas mozas...

O mércores 19 de febreiro celebrarase a IV Feira de Orientación académica e profesional...

0
O próximo mércores 19 de febreiro celebrarase no Pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz, a IV Feira de Orientación académica e profesional do Concello...

Publicacións Relacionadas